Mostrando entradas con la etiqueta O Greco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Greco. Mostrar todas las entradas

5 mar 2012

A adoración dos pastores

TÍTULO: a adoración dos pastores
AUTOR: O Greco
CRONOLOXÍA: 1612-1614
ESTILO: manierismo
TÉCNICA: óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado
































Este cadro é a súa obra mestra dentro da súa última etapa. A figura do neno, convértese nun gran foco de luz que define o resto das personaxes: a Virxe, San Xosé, os pastores e unha gloria anxélica que reza Gloria in excelsis... As alongadas figuras adquiren relevo por medio dos contraluces resultantes do contraste entre a escuridade do plano do fondo e as cores de traxes e carnes, que revelan a intensidade que o Greco imprimiu en esta obra.

O enterro do Conde de Orgaz



TÍTULO: O enterro do conde de Orgaz
AUTOR: O Greco
CRONOLOXÍA: 1586-1588
ESTILO: renacemento
TÉCNICA: óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: Igrexa de San Tomé, Toledo

Representación dunha lenda do século XIV, que narra como Santo Estevo e Santo Agostiño baixaron do ceo para enterrar a Gonzalo Ruiz de Toledo.

elementos plásticos
O Greco lle concedía unha especial importancia ao aspecto cromático, na parte baixa do cadro posue a tela unha gama cálida, de clara influencia veneciana en contraste coa parte alta que é fría e da sensación de augada. Isto o fixo para reforzar a división do terreal e o celestial, o amarelo dos dous santos e o vermello da túnica da Virxe e as cruces de Santiago reforzan o dramatismo da escena. As figuras da metade terrestre son realistas, con todo detalle en contraposición das figuras celestes máis estilizadas. O mesmo podemos decir da pincelada delicada e minuciosa na parte baixa do cadro fronte á pincelada espontanea e enérxica da parte celestial.

composición 
O Greco dividiu o cadro en dúas parte ben diferenciadas; a parte baixa ou terreal, onde se representa o enterro e a superior ou parte celeste. Na de abaixo predomina a disposición horizontal das personaxes, e na outra hai unha consciente verticalidade. En ambas as dúas parte non existe un so espacio vacío.
Santo Agostiño é un rapaz e Santo Estevo sostén ao conde. Detrás un compacto friso de cabezas e personaxes de Toledo, entre os cales, o franciscano con hábito gris e o crego que oficia a cerimonia están de corpo enteiro. O neno, suponse, o fillo do pintor, nos está a indicar o acontecemento.
Un anxo no centro da composición que leva a alma do defunto actúa de enlace entre ambas partes e é ademais o vértice dunha forma romboidal formada polas figuras de Cristo, a Virxe e San Xoán Bautista. Ao lado da Virxe, está San Pedro, facilmente identificable polas chaves que porta.

O martirio de San Mauricio

TÍTULO: Martirio de San Mauricio
AUTOR: Domenikos Theotokopoulos, El Greco
CRONOLOXÍA: 1580-1582
ESTILO: renacemento
TÉCNICA: Óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: El Escorial, Madrid




























Cadro de grandes dimensións encargado por Felipe II ao Greco en 1580. Representa o martirio de San Mauricio, cuxas reliquias se conservaban no Escorial. O tema é contrarreformista e o pintor inspirouse na Leyenda Áurea de Jacobo de la Vorágine. A lenda está narrada según a cal se lle deu morte en Agaune a San Mauricio e aos seus lexionarios por orde do emperador Diocleciano, por non querer facer sacrificios aos deuses pagáns.
A pintura representa diversos momentos da lenda; á dereita, a aceptación do martirio do santo e os seus seguidores, decididos a corroborar a súa fe contra os soldados romanos. Abaixo á esquerda, están a decapitar aos mártires e ao fondo unhas figuras espectrales, unha delas atravesada por un raio de luz, está ascendendo aos ceos. Arriba, a glorificación entre nubes de luz e anxos con palmas e as coroas do martirio. Detrás do primeiro grupo están os retratos do pintor e o de Felipe II con armadura. A escena que o Greco lle deu un tratamento moi moderno non gustou demasiado a Felipe II.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...