Mostrando entradas con la etiqueta Calícrates. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calícrates. Mostrar todas las entradas

22 oct 2011

O Templo da Niké Áptera












documentación xeral
NOME: Niké Áptera (atenea Niké)
ARQUITECTO: Calícrates
CRONOLOXÍA: 429-449 a. C.
LOCALIZACIÓN: Acrópole de Atenas
ESTILO: Grego clásico

exterior
O templo mira a oriente, por onde sae o sol e ocupa un lugar estratéxico na disposición da Acrópole. Ao entrar no recinto pola Vía sacra, é o primeiro edificio que se observa.
Está sustentado en columnas xónicas de 4m de altura con basa, fuste máis esvelto e chapitel decorado con volutas. O entablamento está composto dunha arquitrabe, un friso (sen metopas e triglifos) e unha cornixa. Sobre o entablamento o frontón con acróteras e o tímpano. Todo coronado cunha cuberta a dúas augas.

planta e interior
É un templo xónico de planta rectangular, anfipróstilo (con pórtico de columnas na dúas fachadas) e tetrástilo (con catro columnas diante). A cella é un minúsculo cadrado.
Suprímese o pronaos (pórtico) planificado e déuselle carácter de in antis, constaba dunha fronte con pórtico e dúas columnas.

contido
O templo era básicamente un edificio de culto á deusa Victoria. No necesitaba un gran espacio xa que as ceremonias litúrxicas tiñan lugar ao aire libre. Foi feito para conmemorar o tratado de paz cos persas.

21 oct 2011

O Partenón

NOME: Partenón
ARQUITECTOS: Ictinos e Calícrates
CRONOLOXÍA: 447-432 a. C.
LOCALIZACIÓN: Acrópole de Atenas (Grecia)
ESTILO: Grego clásico
MATERIAIS UTILIZADOS: mármore do Pentélico e madeira









o artista
Baixo a supervisión de Fidias, Ictinos e Calícrates déronlle forma ao ambicioso proxecto do Partenón. Ictinos foi o principal arquitecto do período ateniense clásico, ao ámparo de Pericles.

exterior
A fachada principal do templo mira a oriente, o punto polo que nace o sol, e dalle as costas á entrada principal da Acrópole.
Sobre o estilóbato érguense, sen basa, as columnas dóricas. Os seus fustes son robustos, de pouca altura e unidos por estrías de aresta viva. Chegan ao capitel a través dunha moldura cóncava que pasa desapercibida, o collarino. O chapitel, componse de equini e ábaco.
Segue o entablamento que consta de: a arquitrabe, lisa; o friso, dividido en triglifos e metopas; e a cornixa, sobre a que está o frontón. Remataba o Partenón unha cuberta a dúas augas.


planta
O Partenón é un edificio dórico, octástilo, con dous pórticos interiores hexástilos, e períptero ao estar completamente rodeado de columnas. É importante salientar a ruptura co canon tradicional e o emprazamento de 8 columnas no pórticos exteriores e 17 aos lados, fronte ás 6-13 preceptivas.
A planta é rectangular, cunha cella dividida en dúas estancias separadas por un muro.

interior
A naos da cella acollía a estatua criselefantina de ouro e marfil da deusa Atenea, realizada por Fidias.

contido
O Partenón ilustra a busca da perfección a través das matemáticas. Os artífices deste templo estableceron un sistema unitario en todos o seus cálculos. O segundo obxectivo dos seus arquitectos foi lograr a harmonía visual a través dunha serie de correccións ópticas: o éntase, o perímetro das columnas afínase comforme subimos á parte superior mentres que o fuste se abomba para que o perfil das columnas parezca recto; as columnas dos extremos están máis separadas, teñen un diámetro maior e inclínanse cara a dentro e compensar a sensación visual de que se comba cara a fóra; o entablamamento e o estilóbato cúrvanse cara arriba para que sexan percibidos como rectas.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...