22 oct 2011

O Templo da Niké Áptera












documentación xeral
NOME: Niké Áptera (atenea Niké)
ARQUITECTO: Calícrates
CRONOLOXÍA: 429-449 a. C.
LOCALIZACIÓN: Acrópole de Atenas
ESTILO: Grego clásico

exterior
O templo mira a oriente, por onde sae o sol e ocupa un lugar estratéxico na disposición da Acrópole. Ao entrar no recinto pola Vía sacra, é o primeiro edificio que se observa.
Está sustentado en columnas xónicas de 4m de altura con basa, fuste máis esvelto e chapitel decorado con volutas. O entablamento está composto dunha arquitrabe, un friso (sen metopas e triglifos) e unha cornixa. Sobre o entablamento o frontón con acróteras e o tímpano. Todo coronado cunha cuberta a dúas augas.

planta e interior
É un templo xónico de planta rectangular, anfipróstilo (con pórtico de columnas na dúas fachadas) e tetrástilo (con catro columnas diante). A cella é un minúsculo cadrado.
Suprímese o pronaos (pórtico) planificado e déuselle carácter de in antis, constaba dunha fronte con pórtico e dúas columnas.

contido
O templo era básicamente un edificio de culto á deusa Victoria. No necesitaba un gran espacio xa que as ceremonias litúrxicas tiñan lugar ao aire libre. Foi feito para conmemorar o tratado de paz cos persas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...