Mostrando entradas con la etiqueta realismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta realismo. Mostrar todas las entradas

19 dic 2012

Antonio Gisbert

"Los Comuneros de Castilla en el patíbulo"

Tal día como hoxe no ano 1834 nacía o pintor español Antonio Gisbert.
Recordamos esta obra súa "Los Comuneros de Castilla en el patíbulo", que se encontra na segunda planta do Congreso.

12 dic 2012

O fusilamento de Torrijos


 TÍTULO: O fusilamento de Torrijos
AUTOR: Antonio Gisbert
DATA: 1888
TÉCNICA: Óleo sobre lenzo
ESTILO: transición romanticismo realismo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado






Antonio Gisbert Pérez naceu en Alcoy no 1835 e morreu en París no 1902, pintor de temática histórica encadrado na época de transición entre o romanticismo e o realismo. Estudiou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid trasladándose posteriormente a París. Permaneceu tamén por espacio de cinco anos (1855-1860), en Roma para continuar os seus estudios donde obtivo unha pensión para costearse a súa estancia.
Gisbert representa unha tendencia pictórica da segunda metade do século XIX, a pintura de grandes acontecementos en relación coa historia dos seu país. Se trata da "pintura de historia" ou "realismo retrospectivo" cuxa pretensión era representar con realismo acontecementos do pasado histórico nacional. 
Esta obra representa os ideais liberais, Gisbert co fusilamento de Torrijos fixo un alegato en defensa da liberdade, en contra do autoritarismo. Gisbert estaba vinculado ao partido progresista polo que esta pintura convertiríase nunha icona do seu tempo. O lenzo foi encargado polo goberno liberal de Práxedes Mateo Sagasta, durante a rexencia de María Cristina.
José María Torrijos (1791-1831) foi capitán de Valencia e ministro da guerra durante o Trienio Liberal (1820-1823), tendo que exiliarse ao recuperar o poder absoluto Fernado VII. Desde Inglaterra conspirou sucesivas veces contra o monarca. O gobernador Vicente González Moreno ofreceulle o seu apoio si embarcaba desde Xibraltar en dirección a Málaga con sesenta homes da súa confianza. Dito apoio converteuse en traición pois Torrijos e os seus homes foron abordados e obligados a desembarcar en Fuengirola. Foi apresado o 11 de decembro de 1831 e foi fusilado xunto aos seus homes nas praias de Málaga por traición e sen xuízo previo.
Técnicamente Gisbert achégase ao academicismo, empregando un firme debuxo e unha simple pero estudiada composición. Os prisioneiros alinéanse de pé fronte ao espectador esperando a morte. Torrijos é a personaxe principal encabezando o grupo e facendo de vértice na composición, collendo as mans dos seus compañeiros, Flores Calderón e o ancián Francisco Fernández Golfín, ex ministro da guerra ao que está a vendar un frade.


Á dereita están o coronel López Prieto, o oficial inglés Robert Boyd e Francisco Borja Pardio. Tamén están os frades tapando os ollos aos que o solicitan e lendo textos bíblicos, mentras nun primeiro plano están os primeiros cadáveres axusticiados, recurso compositivo que nos lembra a Goya. No fondo están os soldados que esperan ordes.
Gisbert mostra na composición as sensacións a partir dos xestos das persoaxes. É de destacar tamén o encuadre, deixando fora de plano algún cadaver, clara influencia da fotografía. As cores son frías subraiando as sensacións terribles da escena e do desenlace.

6 jun 2012

Courbet apóstolo da fealdade




Un Enterro en Ornans e o Taller do pintor son dous cadros que se encontran compartindo sala no parisino museo de Orsay. Son dúas obras de formato desmesurado que foron duramente criticadas por este feito e pola inanidade do tema. Gustave Courbet, representante do realismo aspiraba ao igual que os seus coetáneos de estilo a dar unha representación verdadeira e obxectiva da vida. Courbet cría que só se debía pintar o que el mesmo podía experimentar dos seus sentidos.

Un Enterro en Ornans 1849-1850
Courbet pinta aquí unha simple escena cotidiana, unha simple anécdota. O realismo de Courbet é insoportable para algúns ollos; é real, é feo, é verdade. Esta paisaxe de Ornans, na rexión de Franche-Comté a patria do pintor con todos os habitantes do pobo que se prestaron para posar para o cadro, serviu para bautizalo polos seus detractores como "o apóstolo da fealdade".


Anos máis tarde, en 1855, o Taller do pintor é presentado ao gran público nun "pabellón do realismo", que él mesmo fai construir fronte ao edificio oficial da Exposición Universal xunto con algunha obra máis. Aquí edítase un catalogo, cuio prólogo foi considerado un manifesto do realismo, aínda que o propio Courbet recusou toda a vida desta etiqueta. Con estas palabras se autodefinía: "Ser capaz de traducir las costumbres, las ideas, la apariencia de mi época, según mi apreciación; no sólo ser pintor, sino además ser un hombre; en una palabra, hacer arte vivo: ese es mi objetivo."

O taller do pintor 1854-1855




El origen del mundo (L'origine du monde) é un cadro realizado por Gustave Courbet no ano 1866 que tamén está exposto no museo de Orsay. Obra polémica nos seus inicios e incluso ata ben entrado o século XX.

L' origine du monde 1866




Texto adaptado da guía do museo de Orsay, Comprender la pintura del museo de Orsay en español
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...