AUTOR: Van Gogh
CRONOLOXÍA: 1888
TÉCNICA: Óleo
LOCALIZACIÓN: Museum Van Gogh, Amsterdam
Vincent Van Gogh realizou diferentes versións deste cadro, representación da súa habitación na Casa Amarela en Arles. O cadro nos introduce nunha dimensión íntima e privada do artista. Van Gogh con este cadro fixo un uso subxectivo das cores, cun significado simbólico. Utilizou o proceso de síntese das formas recurrindo para tal efecto ás estampas xaponesas. En palabras súas ao seu irmán Theo..."desde el momento en el que la simplificación da a los objetos un tono más marcado, el resultado es una impresión de reposo (...)."
Vincent escolleu tonos tenues e o acorde de ocre e azul ten sen dúbida un efecto relaxante. O espacio aberto, que nos acolle, invítanos ao silencio. Todos os obxectos se dirixen hacia o interior e a ventá do fondo e as dúas portas nos trasladan ao exterior. A cor está aplicada dunha maneira lisa sen pincelada grosa e espesa nin enérxica tan típica do autor. Sen dúbida Van Gogh buscaba con este cadro transmitirnos a sensación de paz e remanso que poucas veces conseguiu en vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario