22 may 2012

Nu con pirámide

TÍTULO: Nu con pirámide
AUTOR: Roy Lichtenstein
CRONOLOXÍA: 1994
ESTILO: Pop Art
LOCALIZACIÓN: colección privada



















"A los cómics les debo los elementos de mi estilo y no los temas". Esta declaración de Lichtenstein no ano 1967 mostra unha intención artística fundamental na súa obra.
Os contidos do cómic comercial son o resultado da súa función, xeralizar e trivializar as emocións, accións, persoas e cousas hasta o punto que respondan a un espírito popular.
Lichtenstein utiliza a linguaxe visual e a tipografía, a disposición do texto e a imaxe nos cómics e axúdano a obxectivar e desindividualizar emocións e actitudes. Parece unha pintura feita de forma mecánica, perfecta e anónima ao igual que os diseñadores gráficos. Mostra os temas ao igual que o faría un dibuxante de publicidad ou dos cómics. O autor extrae o modelo da serie de viñetas perdendo así o desenvolvemento lóxico e narrativo, adquirindo a escena un novo significado.
As pinturas de Cézanne, Léger, Monet, Mondrian ou Picasso lle serven de puntos de partida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...