AUTOR: Edvard Munch
CRONOLOXÍA: 1893
ESTILO: precedente do expresionismo
TÉCNICA: Óleo e témpera
LOCALIZACIÓN: Nasjonalgalleriet, Oslo
Un ser humano, en primeiro plano, berra de angustia e semella que todo o mundo o pode percibir, excepto dúas persoas, que están no outro extremo da ponte, paseando de forma indiferente.
A expresividade da obra é indiscutible. A angustia vital do personaxe apréciase a través das curvas sinuosas que se poden apreciar en toda a obra. Por outra banda a ponte, coa súa barandilla en diagonal, xunto coas dúas personaxes que pasean ao fondo están tratadas de forma lineal.
Con respecto á cor, predominan os vermellos, azuis e negros tratados dunha forma irreal pero que acentúan o sufrimento e angustia do individuo. O ceo crepuscular impacta pola combinación de vermellos e laranxas.
En primeiro plano temos a un individuo que se leva as mans á cabeza e abre a boca para proferir un berro de angustia. A cara está deformada a través dos trazos utilizados, inspirados probablemente nunha momia peruana exposta no museo do home de París. O individuo permenece quieto fronte ás dúas personaxes que pasean indiferentes no outro extremo da ponte. A barandilla da ponte divide as dúas zonas. Ao fondo pode apreciarse un fiordo típico da paisaxe norueguesa, con dous barcos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario