AUTOR: Andy Warhol
CRONOLOXÍA: 1964
ESTILO: Pop Art
TÉCNICA: acrílico sobre lenzo
A galería de retratos que Andy Warhol fixo, constitúe unha mostra dos personaxes máis famosos e influíntes da súa época. Políticos como Mao ou o Che, estrelas de cine como Marylin Monroe ou Liz Taylor, artistas como Elvis Presley forman parte deste longo elenco. Ningún foi elexido ao azar, todos representan a beleza, o poder e o glamour e gracias a Warhol convértense en iconos. Para realizar estas obras utilizaba fotografías instantáneas, logo modificadas a través do retoque pictórico desenfocando os contornos e añadindo novos brillos e cores. O tema de Marylin aparece por primeira vez no 1954, nunha pintura de Willen de Kooning, despois do suicidio da actriz no 1962, Warhol lle dedicará algunhas das súas series máis famosas. O retrato fai fincapé nos elementos emblemáticos da súa condición de sex-symbol: beizos vermellos e sensuais e cabeleira longa e rubia oxixenada.
O Pop Art quixo achegar a arte a todo o mundo mediante marcas e xente famosa. O seu obxectivo último era romper fronteiras entre a arte e a vida e conseguir precisamente que estos obxectos entrasen nos museos de arte.
Andy Warhol traballaba no seu estudio The Factory (A fábrica), e producía o seu arte en serie, perdendo a calidade de ser única.
No hay comentarios:
Publicar un comentario