AUTOR: Velázquez
CRONOLOXÍA: 1634-1635
ESTILO: Barroco
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado
Velázquez escolleu o momento da entrega das chaves da cidade despois dun longuísimo asedio que provocaría fame obrigandoa a capitular. O enfoque de Velázquez é novidoso pois rexeita o tradicional binomio triunfo-humillación para así eloxiar a humanidade e xenerosidade dos vencedores, é decir da monarquía española.
Con respecto á composición os dous protagonistas ocupan o espacio central: o xeneral holandés, inclínase ante o xeneral Spinola, este lle impide o xesto, establecendo unha relación. O xesto de Spinola, evoca caridade cristiá e grandeza.
Velázquez trata a victoria de modo sutil. A ámbos lados das persoaxes entre luces e sombras, están os dous exércitos que nos transmiten diferentes sensacións; o exército holandés está á esquerda e representa o desorde; o exército español está á dereita e representa a orde e as lanzas aliñadas.
Neste cadro está a utilizar a perspectiva aérea articulada a través da luz e da cor. O primeiro plano está moi contrastado co fondo de paisaxe, onde están os vencidos difuminándose hacia unha luz plateada. Tamén a sensación de profundidade está conseguida a través dos dous cabalos e a súa disposición oblicua xunto cos dous grupos de soldados e as súas lanzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario