17 abr 2012

Fachada do Obradoiro

NOME: Fachada do Obradoiro
ARQUITECTO: Fernando de Casas e Novoa
CRONOLOXÍA: 1738
ESTILO: Barroco Compostelán













A fachada do Obradoiro tiña tres condicionantes que o arquitecto Fernando de Casas e Novoa conseguiu resolver de forma maxistral: cubrir e protexer o románico Pórtico da Gloria, inserir o edificio no proxecto urbanístico de Santiago de Compostela e por último acoller a escalinata barroca xa existente.
O Pórtico da Gloria quedou maxistralmente oculto por un fronte de deseño piramidal, dividido en tres rúas por columnas de fuste estriado, dividido en dous niveis e con dúas torres a cada lado. A impresionante fachada desmaterialízase gracias ás grandes fiestras de reminiscencias góticas que cumpren tamén a función de iluminar o nártex da catedral que preside o Pórtico da Gloria.
A fachada do Obradoiro leva este nome pola súa elaborada e lixeira labra, comparable á labor dun ourive ou un plateiro. A fachada foi moi criticada polos seus contemporáneos pois lle achacaban ao arquitecto de ter ousadía artistica ao mezclar elementos clásicos con estructuras de inspiración medieval.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...