TÍTULO: a Virxe do xílgaro
AUTOR: Rafael
CRONOLOXÍA: 1505
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Galería de los Uffizi, Florencia
Pintada para o mercader Lorenzo Nasi nos tempos do seu casamento con Sandra Canigiani, esta célebre táboa foi dañada no 1547. O xove Rafael, en Florencia desde facía un ano, experimentou aquí, sobre un fondo de paisaxe de reminiscencias Leonardescas, paisaxe aberto, que na zona próxima aos pesonaxes posue tonalidades máis cálidas mentras que no fondo mostra colores máis cristalinos. O primeiro grupo de figuras centradas nun primeiro plano: a Virxe sentada, cun libro na man e co seu fillo no regazo acariciando un xílgaro que San Xoan neno lle entrega. Nesta composición hai tamén sen dúbida reflexos do esquema piramidal con arreglo ao cal dispóñense as figuras e que derivan dos estudios de Leonardo a partir de comezos do século XVI. Sen embargo, aun partindo destes presupostos e afastándose dos dictámenes de Perugino, Rafael fai gala dun estudio que lle permite, dentro dunha estructura piramidal, variar as actitudes, os xestos, as miradas, creando desta forma as relacións afectivas que foron motivo do éxito do artista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario