AUTOR: Leonardo da Vinci
CRONOLOXÍA: 1483-1486
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Museo do Louvre, París
Algunha fontes consideran que a pintura foi executada en Florencia, pero debe identificarse coa pintura encargada a Leonardo polos membros da Compañía da Concepción, en San Francesco Grande de milán. A capela foi fundada no século XIV por Beatrice d'Este, dona de Galeazzo I Visconti, e posteriormente destruída no 1576.
A escena desenvolvese nunha paisaxe rocosa, arquitectónicamente organizada, no que dominan flores e plantas acuáticas, todas elas corroboradas a nivel botánico; na lonxanía apréciase un curso de auga. O anxo mira hacia San Xoan neno cun lixeiro sorriso, este está axeonllado fronte ao neno Xesús que está en actitude de bendecir; a Virxe María os está a protexer. Nesta obra aplica o sfumato, técnica inventada por Leonardo coa cal mesturaba progresivamente as tonalidades sen unha transición perceptible na que os contornos quedaban indefinidos. A sona desta obra foi tal que existen numerosas copias de artistas italianos e estranxeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario