16 nov 2012

Santa Cristina de Ribas de Sil

 Santa Cristina de Ribas de Sil construíuse entre finais do século XII e comezos do século XIII e representa un dos mellores exemplos do románico rural galego. O conxunto monástico pertenceu á orde benedictina e está formado polo templo románico e unha serie de dependencias dispostas nos corredores cubertos, en torno ao patio claustral.











Posúe planta de cruz latina con nave única lonxitudinal e un transepto que se cruza formando o cruceiro.

O primitivo corpo románico da nave foi substituido por unha nave lonxitudinal dividida en cinco tramos, no primeiro tercio do século XIII, xustificando o cambio hacia o estilo gótico, fundamentalmente arcos faxóns lixeiramente apuntados, que se corresponden exteriormente con contrafortes.


A cabeceira ten tres ábsidas smicirculares. Está orientada cara o leste e a entrada cara o oeste, seguindo a simboloxía cristiá entrando nas Tebras, do pecado, cara a luz, símbolo de Deus. As ábsidas albergan tres capelas, a maior decorada con pinturas de finais do século XVI.

                            


A fachada está dividida en dous corpos; a portada, similar á parte sur da Catedral de Ourense, está formada por arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos humanos e vexetais. O frontón é completamente liso, sen decoración algunha.

                                                

O corpo superior da fachada posúe un rosetón románico calado con arquiños lobulados que tamizan a luz no interior.


A alta torre adosada ao costado da igrexa, atalaia privilexiada sobre o curso do río Sil, servía como punto de vixía e de defensa ademáis de torre campanario para chamar aos fiéis á oración. Está rematada en amea e cuberta en forma pirámidal, algo pouco usual.



As dependencias do mosteiro teñen unha disposición en ángulo recto, na actualidade pervive a primitiva portada románica que da entrada ao claustro. Posúe figuras sedentes cun libro aberto e no intrados, os catro símbolos dos evanxeístas: a aguia, o anxo, o touro e o león.





  • Todas as fotografías son de Fran Canoura.

26 sept 2012

PAU setembro 2012

HISTORIA DA ARTE

OPCIÓN A

  1. Escolle dúas destas tres láminas:  


OPCIÓN B









2. Destas oito definicións elixe só catro e contéstaas.
  1. ¿Cales son as ordes gregas?
  2. Define "ménsula"
  3. ¿A que chamamos perspectiva aérea?
  4. ¿Que é unha estatua-columna?
  5. ¿Que é un torso?
  6. ¿Que entendemos por arco peraltado?
  7. ¿A que chamamos plan central?
  8. Define xamba.

19 sept 2012

David Hockney e o condado de Yorkshire



David Hockney "Unha visión máis ampla", organizada pola Royal Academy of Arts en colaboración co Museo Guggenheim Bilbao e o Museo Ludwig de Colonia representa a primeira mostra dedicada en España ao artista mostrando o relevante papel da paisaxe na súa obra. Hockney é o pintor británico en activo máis importante realizando para dita exposición paisaxes inspirados enYorkshire, o seu condado natal, feitos a partir do 2004 utilizando diferentes soportes, desde óleos pasando por carboncillos e tamén debuxos realizados con iPad. A mostra é unha oportunidade para deleitarnos coa visión única do universo creativo de David Hockney.



David Hockney naceu en Bradford, Yorkshire en 1937, influido polo seu pai interesouse desde moi novo polo teatro, a arte e o debuxo. Cando ingresa no Instituto de segunda ensinanza, David Hockney xa ten claro que se quere adicar á arte, é por estas datas cando xa empeza a apreciar a fermosura da paisaxe. Tras ingresar no 1953 na escola de Belas Artes de Bradford pódese apreciar xa a influencia dos seus mestres nas paisaxes. No 1959 ingresa no Royal College of Art e non tarda en introducirse de cheo nos círculos artísticos de Londres coñecendo a Francis Bacon, Richard Hamilton e Peter Blake entre outros.

Desenvolve un amplo coñecemento e profundo interés por artistas como Pablo Picasso a quen lle dedica unha importante exposición a Tate Gallery no 1960. Por estas datas Hockney xa define o seu estilo pictórico e é admirado por titores e profesores apreciándose a influencia de Dubuffet e Bacon. 
Por outra banda a David Hockney a á súa obra sempre a relacionaron con o grupo de artistas pop, pero él sempre rexeitou esta etiqueta.
No ano 1970 chega a súa primeira gran retrospectiva en Londres. Por estas mesmas datas o artista mantén un profundo interés pola fotografía, sen abandonar o debuxo nin o grabado.
Nos anos noventa realiza unha serie de obras que se poden considerar moi cercanas á abstracción, en elas o artista experimenta co espacio e coa cor. No ano 1997 un amigo sofre unha grave enfermidade e David Hockney visita o seu condado natal, durante estas visitas ao seu amigo recorre o traxecto desde Bridlington pasando polos Wolds. O artista nestas viaxes acumulará unha serie de recordos que darán lugar á paisaxes de Yorkshire.


Na actualidade Hockney segue experimentando coa pintura e coa forma de pintar, moi interesado nas novas tecnoloxías comeza a debuxar co iPhone e o iPad a través da aplicación Brushes do iPad, con esta aplicación o artista reproduce o proceso creativo pincelada a pincelada, él mesmo pode contemplar a forma de pintar e debuxar paisaxes directamente do natural ao igual que o facían os impresionistas cando utilizaban a técnica do "plein air".
Nesta exposición en Bilbao podemos ver unha mostra desta técnica utilizada co iPad, que David Hockney pintou do val de Yosemite en California no 2011.



Extracto  adaptado da biografía que aparece na páxina web do Museo.

5 sept 2012

Teatro-Museo Dalí de Figueres

"Quiero que mi museo sea como un bloque único, un laberinto, un gran objeto surrealista.
Será un museo absolutamente teatral. La gente que venga a verlo saldrá con la sensación de haber tenido un sueño teatral"
Salvador   Dalí 




O Teatro-Museo Dalí de Figueres é un espacio singular; un museo creado a partires dunha determinada concepción Daliniana para potenciar toda a súa creación. Constitúe unha mirada distinta que debemos considerar para entender a derradeira obra dun xenial autor. É un gran proxecto surrealista, ou ready-made, tal como él o calificou algunha vez.
O museo ofrécenos un percorrido pola traxectoria artística e vital de Salvador Dalí.

O patio
Representa un xardín a ceo aberto, é o antigo patio de butacas do Teatro Municipal de Figueres. Podemos apreciar no centro do patio un imponente Cadillac que soporta unha escultura obra de Ernst Fuchs, que á súa vez serve de tensor dunha columna traxana feita de neumáticos. Nas paredes laterais, unhos maniquíes nos están a observar. Dalí interpreta este espacio como unha gran instalación con sentido dionisíaco de ritual.



Cúpula
Desde o patio se seguimos avanzando entramos nun impresionante espacio, o antigo escenario do Teatro Municipal que aquí está coronado por unha magnífica cúpula geodésica que se converte no emblema do Teatro- Museo.


O escenario  do antigo Teatro Municipal foi concivido por Dalí como parte do conxunto homenaxe á Capela Sixtina de Miguel Anxo. Existen referencias ao grande mestre por toda a sala como o grande lenzo que preside o conxunto "monoteísmo al óleo Cabeza de Miguel Ángel"



































Na mesma sala, Dalí realiza a obra "Gala desnuda mirando al mar que a 18 metros aparece el presidente Lincoln" do 1975 facendo unha homenaxe a Mark Rothko a partires dunha interpretación dixital da cara de Lincoln.


Na sala do Tesouro, concibe Dalí un gran cofre que garda xoias. Aquí nos encontramos con numerosas obras que fan referencia á historia da Arte, ao Renacemento e a Rafael en concreto.

Galarina 1945

No primeiro andar encontramos a sala MAE WEST, unha das máis famosas do Teatro- Museo. Alí podemos deleitarnos con a aplicación tridimensional, a creación dunha habitación a partir dunha imaxe bidimensional, a aguada sobre papel de periódico Rostro de Mae West utilizable como apartamento (c.1934-35), de Salvador Dalí, que se exhibe no Art Institute de Chicago.


No Palacio do Vento, Salvador Dalí en 1919 expuxo por primeira vez con tan so catorce anos, a súa obra compartindo sala con outros dous pintores de Figueres. A sala está presidida polo impresionante teito pintado do que recibe o seu nome.





Avida Dolars














Torre Galatea




















* Todas as fotografías son de Fran Canoura.

29 jun 2012

Edward Hopper, un pintor moderno









"La única influencia que he recibido he sido yo mismo"
EDWARD HOPPER
NYACK, NUEVA YORK, 1882-NUEVA YORK, 1967












Edward Hopper nacía en 1882 en Nyack, un pequeno pobo conservador á beira do Hudson, en Nova York. Creceu nun ambiente conservador provinciano, influencia que mantería toda a súa vida, a pesar de vivir no Greenwich Village de Nova York, barrio de artistas empapado dun ambiente bohemio.
Esta influencia conservadora persistirá ao longo da súa obra, incluso despois da súa estancia en París desde outubro de 1906 hasta xullo de 1907, donde un todavía xoven e tímido Hopper se introducirá no ambiente nocturno parisino de prostitutas e bebedores de absenta. Este é o tema que trata en Soir Bleu, desde a súa peculiar e recoñecible óptica pictórica.


Soir Bleu 1914


En 1913, trala celebración do Armory Show en Nova York chega a gran revolución da arte de vangarda aos Estados Unidos a través de máis de mil obras, case todas de artistas europeos. Isto provocou unha gran revolución, pero á vez apareceron duras críticas reivindicando un arte nacional que ensalzara os valores e a forma de vida da cultura norteamericana. A partir de aquí surxe unha corrente realista da que Hopper se convirte nun dos seus máximos representantes, a través da tradición clasicista recreando escenas de caracter íntimo: o tema da muller soa na habitación, na súa intimidade, espida ou en roupa interior, case sempre absorta nos seus pensamentos.
En Hopper se pode pensar nunha sexualidade en contra dos ambientes puritanos da época ou nunha certa actitude voyeur, involucrando ao espectador no que está a mirar.
Tamén o tema recurrente da soedade dos protagonistas sempre presente, inscrita nas cidades, nos cafés, nas rúas, gasolineiras, hoteis. Todo isto o podemos ver no Museo Thyssen en Madrid a través dunha gran panorámica retrospectiva do autor hasta o 16 de setembro.

Automat 1927




Hotel Room 1931




House by the railroad 1925


12 jun 2012

Los desastres de la guerra de Rubens



Los desastres de la guerra pertence a Pedro Pablo Rubens e está fechada no 1637 pois existe unha carta con data do día 12 de marzo de 1638 na que o autor describe a obra que por aquel entonces viaxaba hacia Florencia. O destinatario da carta era Justus Sustermann, residente en Florencia e retratista dos Médicis. Didier Bodart no seu libro sobre Rubens mantén que Sustermann lle encargou o cadro a Rubens para a súa colección. A obra forma parte das coleccións do Palazzo Pitti de Florencia.
Trátase dun óleo sobre lenzo de grandes dimensións donde Rubens desplegou todo o seu virtuosismo técnico con gran dinamismo, vitalidade e exhuberancia basándose no estudio de Miguel Anxo, Caravaggio e Anibale Carraci, ademáis dos venecianos, dos cales aprendeu o seu colorido, como Tiziano. Rubens nos fai disfrutar dun cromatismo en tonos oscuros e intensos que contrastan coa desnudez da figura principal. A protagonista femenina por outra banda posúe as características dos corpos femininos de Rubens, modelos grosos, carnosos e sensuais xunto con cabelos sedosos.
A composición moi barroca, do gusto de Rubens, está ordenada sobre un esquema diagonal dando unha sensación de movemento que vai máis alá do propio marco. No centro hai unha figura masculina ataviada con elementos guerreiros como o casco, o escudo ou a coraza portando unha espada, trátase do deus Marte, Ares na mitoloxía grega. Venus á súa dereita intenta retelo e a outra muller, a Furia Alecto, tira con forza de él.

Texto adaptado de Mar Baztán Sabalza da Universitat de Valencia, "Los desastres de la Guerra de Pieter Paul Rubens"

Para coñecer a todos estos personaxes nos remitimos a unha fonte segura como a carta que escribiu Rubens a Sustermann. A carta está reproducida en moitas obras, aquí nos basamos en Gombrich E.H., Imágenes simbólicas, Madrid, Alianza, 1983:

“La figura principal es Marte, que acaba de abrir la puerta del templo de Jano (que
era costumbre dejar cerrada en tiempos de paz) avanza con el escudo y la espada
ensangrentada, amenazando a las naciones con un gran estrago y sin prestar la menor
atención e Venus, su mujer, que con caricias y abrazos trata de contenerle, acompañada de
sus Cupidos y amorcillos. Por el otro lado tira de Marte la Furia Alecto, que lleva una
antorcha en la mano. No lejos están los monstruos que representan la Peste y el Hambre,
compañeros inseparables de la guerra; yace en el suelo una mujer con un laúd roto, que
representa la Armonía, incompatible con las discordancias de la guerra; hay también una
madre con su hijito en brazos, que denota la fecundidad, generación y caridad pisoteadas
por la guerra, que todo lo corrompe y lo destruye. Hay además un arquitecto en el suelo,
con sus instrumentos en la mano, para dar a entender que lo edificado para la comodidad y
ornamento de una ciudad es derribado y reducido a ruinas por la violencia de las armas.
Creo, si bien recuerdo, que también puede verse en el suelo, bajo los pies de Marte, un
libro y unos dibujos en papel, para dar a entender que también pisotea la literatura y las
demás artes. Hay así mismo, creo, un haz de flechas con la cuerda que las une desatada,
que cuando están unidas son el emblema de la Concordia, y también pinté, tirado junto a
ellas, el caduceo y el olivo, el símbolo de la paz. Esa lúgubre Matrona, vestida de negro y
con el velo rasgado, despojada de sus joyas y de cualquier otro adorno, es la infeliz
Europa, afligida por tantos años de rapiña, ultrajes y miseria que, como tan perjudiciales
resultan para todos, no necesitan ser especificados. Su atributo es ese globo que sostiene
un putto o genio y remata un copete que representa el orbe cristiano. Esto es cuanto puedo
decirte".

Esta obra de Rubens, Los desastres de la guerra, será a fonte utilizada por Picasso para a realización da súa obra xenial, O Guernica. O autor malagueño visionará o cadro de Rubens no seu viaxe a Florencia e quedará profundamente impactado polo lenzo. Este feito o conta no seu último libro Baltasar Magro La luz del Guernica.

6 jun 2012

Courbet apóstolo da fealdade




Un Enterro en Ornans e o Taller do pintor son dous cadros que se encontran compartindo sala no parisino museo de Orsay. Son dúas obras de formato desmesurado que foron duramente criticadas por este feito e pola inanidade do tema. Gustave Courbet, representante do realismo aspiraba ao igual que os seus coetáneos de estilo a dar unha representación verdadeira e obxectiva da vida. Courbet cría que só se debía pintar o que el mesmo podía experimentar dos seus sentidos.

Un Enterro en Ornans 1849-1850
Courbet pinta aquí unha simple escena cotidiana, unha simple anécdota. O realismo de Courbet é insoportable para algúns ollos; é real, é feo, é verdade. Esta paisaxe de Ornans, na rexión de Franche-Comté a patria do pintor con todos os habitantes do pobo que se prestaron para posar para o cadro, serviu para bautizalo polos seus detractores como "o apóstolo da fealdade".


Anos máis tarde, en 1855, o Taller do pintor é presentado ao gran público nun "pabellón do realismo", que él mesmo fai construir fronte ao edificio oficial da Exposición Universal xunto con algunha obra máis. Aquí edítase un catalogo, cuio prólogo foi considerado un manifesto do realismo, aínda que o propio Courbet recusou toda a vida desta etiqueta. Con estas palabras se autodefinía: "Ser capaz de traducir las costumbres, las ideas, la apariencia de mi época, según mi apreciación; no sólo ser pintor, sino además ser un hombre; en una palabra, hacer arte vivo: ese es mi objetivo."

O taller do pintor 1854-1855




El origen del mundo (L'origine du monde) é un cadro realizado por Gustave Courbet no ano 1866 que tamén está exposto no museo de Orsay. Obra polémica nos seus inicios e incluso ata ben entrado o século XX.

L' origine du monde 1866




Texto adaptado da guía do museo de Orsay, Comprender la pintura del museo de Orsay en español
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...