17 jul 2013

100 anos sen Regoyos


El viaducto


Darío de Regoyos (Ribadesella 1857- Barcelona 1913), foi un pintor asturiano que como moitos outros trasladouse a Madrid para entrar na Academia de Bellas Artes de San Fernando e iniciar así a súa formación como pintor. Alí foi alumno de Carlos de Haes, paisaxista español de orixe belga que se pode encuadrar dentro da tendencia do realismo, e seguindo o seu consello e do seu amigo Isaac Albeniz visitou Bruxelas.
Na capital belga continuou a súa formación artística durante dez anos introducíndose no mundo artístico belga. Alí coñece a James Ensor e participa na fundación de grupos artísticos como L'Essor ou Los XX, grupo de pintores belgas, debuxantes e escultores.
De volta a España a súa pintura evoluciona do naturalismo ao pre-simbolismo a través da súa serie La España negra non deixando de participar en numerosas colectivas en Bélxica e os Países Baixos. Gracias á súa amizade con Camille Pisarro espuxo de forma individual en París acercándose ao impresionismo e ao puntillismo.
 
 
 
 
 
 

 
Darío de Regoyos tivo unha estreita relación con pintores como Zuloaga e Sorolla e realizou numerosas paisaxes do natural. Con motivo do centenario da súa morte ao longo deste ano e o seguinte teremos oportunidade de adentrarnos un pouco máis na súa obra en diversas localidades españolas.
 
 
 
 
 
 
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...