PROPOSTA DIDÁCTICA
"Pola igualdade de homes e mulleres no nome das rúas"
#Merezcounacalle é un proxecto que nace no IES Cartima e a súa profesora Rosa Liarte. Desde o IES de Mugardos e o seu profesor de Historia, Francisco Canoura Quintana o alumnado de 2º da ESO investigamos as rúas a nome de home e a nome de muller. Posteriormente contactamos cos concellos de Mugardos e Ares respectivamente e propuxemos que se interesasen pola realidade e pola igualdade nos seus concellos.
Co proxecto #merezcounacalle non pretendemos cambiar os nomes das rúas. O proposito é chegar á igualdade de rúas a nome de home e de muller, achegando aos concellos o proxecto e que se comprometan a que as novas rúas dos concellos, leven nome de muller hasta chegar á igualdade real.
O proxecto elaborado polos alumnos de 2º da ESO, tivo varias fases:
1ª FASE DO PROXECTO
- Realizar un reconto das rúas e preparar unha presentación para expoñer en clase aos compañeiros/ as ante o/a profesor/a
- Cos resultados obtidos redactar unha carta dirixida ao concelleiro/a ou ao
alcalde/ sa para o seu coñecemento.
- Facer chegar a carta ás autoridades e mostrar que as autoridades se suman ao proxecto para que o alumnado vexa que
o seu traballo pode ter un impacto social.
Lamentablemente neste punto, temos que constatar que as autoridades competentes non se puxeron en contacto cos alumnos e alumnas para interesarse polo proxecto.
2ª FASE DO PROXECTO
Tarefas:
- Procura de información de mulleres relevantes que merezan unha rúa.
- Realizar traballos monográficos das mulleres relevantes e presentalos en clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario