#osmonumentosfalan é un proxecto educativo, iniciado durante o primeiro trimestre do presente curso, polas alumnas de Historia da Arte de 2º de bacharelato do IES de Mugardos. Utilizando de forma gratuita a app "ChatterPix", disponible para sistema Ios. As alumnas escolleron unha obra artística representativa, vista no temario durante o primeiro trimestre, puxéronlle voz e comentaron a obra nun minuto aproximadamente.
Con esta aplicación pódese poñer voz a calquera personaxe, animal, obxecto inanimado...o que queiramos. A parte de pasar un rato divertido, serviunos para desenvolver a competencia lingüística e a competencia dixital, xa que tiveron que interactuar coa cámara da tablet, descargar archivos e grabar voz. Esta app, pode ser válida tamén para a aprendizaxe de idiomas ou a comprensión de calquera contido curricular. Tamén con esta actividade puxemos en práctica a creatividade e a autonomía.
Seguidamente pódense ver os traballos realizados polas alumnas de historia da arte, que tamén están colgados no meu canal de Youtube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario