23 nov 2011

Santa Comba de Bande




CRONOLOXÍA: século VII
AUTOR: descoñecido
ESTILO: Visigodo
LUGAR: Bande (Ourense)

Prerrománico visigodo, século VII. Incorpora algúns elementos asturianos do século IX.

Planta
Planta cruciforme rexistrada nun rectángulo (esquema visigodo), ábsida recta interior e exteriormente, pórtico con tres vans, espazo interior compartimentado. A igrexa formaba parte dun conxunto monástico;
orixinariamente incluía dependencias anexas cadradas; as conectadas ao pórtico utilizaríanse como albergue de peregrinos, as restantes estarían destinadas aos monxes. Actualmente só consérvase unha destas dependencias (encostada á cabeceira). Bóvedas de canón en ferradura (descargan directamente sobre os muros) nos catro brazos da cruz e bóveda de arestas no cruceiro montada sobre arcos de ferradura. Bóvedas en ladrillo de tipo espiña de peixe (técnica romana). Como os templos visigodos non adoitan estar abovedados o anterior singulariza a este edificio.



Ábsida
Arco toral na ábsida, de ferradura, sen dovela clave, con dovelas moi irregulares, peralte dun terzo do radio e trasdós recto. Característico da arte visigodo.
Catro columnas exentas soportan o arranque do arco, monolíticas de mármore negro, posiblemente recuperadas de obras romanas anteriores; capiteis corintios moi simplificados, baseas diferentes.
Influencia da arte asturiano: a pequena cámara situada sobre o arco toral á que só se podía acceder por unha xanela interior. Hoxe dá ao exterior porque o actual tellado da ábsida está rebaixado respecto do orixinal.

interior
No centro disponse unha bóveda de arestas sobre un ciborrio sostido por catro arcos de ferradura co dovelaxe embebido nos muros. Deste corpo central parten os catro tramos das naves das que a oriental ábrese por un arco de ferradura sobre columnas pareadas á capela maior.
A cabeceira da capela é cadrada, na parte dos pes hai unha porta bastante ancha ampliación da primitiva, ante esta porta hai un pórtico posterior no tempo pero con sillería similar ao resto da fábrica.


A disposición das bóvedas resulta elemental, con catro cañóns perpendiculares ao ciborrio, que dan firmeza aos catro arcos principais. A lixereza das bóvedas, de ladrillo, fixo innecesario un abovedamento complementario nas habitacións dos ángulos, que deberon ter techumbres de madeira. Na capela maior hai bóveda de canón, de pouca altura, sobre a que existía unha cámara accesible desde a igrexa por unha ventá situada sobre o arco toral.







Contexto historico
No ano 550 o rei suevo Teodomiro e o seu sucesor, Mirón, levan a cabo unha serie de campañas militares co fin de liberarse dos visigodos e recuperar a independencia; pero este intento significou o final do reino suevo de Galicia.
O rei visigodo Leovigildo, no ano 585, co pretexto duns conflitos internos da monarquía sueva, invade co seu exército o territorio suevo, toma Porto e Braga e incorpora definitivamente o reino suevo da antiga Gallaecia á monarquía hispánica visigoda.
No século VII o bispo de Braga, Fructuoso, impulsou o monacato en Galicia fundando varios mosteiros nos que os monxes se rexían por unha regra de vida en común; deste impulso xurdiu Santa Comba de Bande, na actual provincia de Ourense.





16 nov 2011

Santa María do Naranco




 

NOME: Santa María do Naranco
ARQUITECTO: descoñecido
CRONOLOXÍA: construída como palacio; consagrada como igrexa en 848
LOCALIZACIÓN: Oviedo
ESTILO: Arte prerrománica


exterior
Configúrase como un prisma rectangular rematado por unha cuberta a dúas augas ou dobre vertente, a disposición dos contrafrtes rompe a monotonía e crea sensación de verticalidade. 
O edificio está organizado en tres niveis, dos cales o terceiro é ficticio, pois no interior responde a un segundo andar prolongado para conseguir así máis altura.
As fachadas norte e sur, teñen un carácter macizo porque os contrafortes estriados potencian a súa verticalidade, rompendo tamén coa monotonía do muro suxerindo un xogo de luces e sombras.
No norte atopamos o único acceso á segunda planta ou planta nobre e unha escaleira exterior que culmina nun pórtico; no sur, quedan os restos dun balcón.
As fachadas leste e oeste teñen vans e no ficticio terceiro andar unha fiestra trífora que se corresponden cos vans do segundo andar ou planta nobre.
Destacan  os miradoiros dos lados curtos do rectángulo con tres vans de arcos peraltados sobre columnas sogueadas e decoración de medallones e clípeos. Na parte inferior tamén existen tres vans que dan ao oratorio e baños e na parte superior repítese o esquema con tres vans con función decorativa.








planta e interior
A planta é un rectángulo dividido nunha sala central e dous recintos adxacentes. A planta baixa debía de ser da servidume e nas laterais había baños e un oratorio. A planta nobre, posible lugar de reunión e festas, está iluminada cos miradoiros laterais. Toda esta planta posúe unha gran bóveda de canón, lixeiramente peraltada e reforzada con arcos faixóns. O muro no interior refórzase mediante unha arquería cega de columnas e no exterior por contarfortes.
O inferior consta de tres salas : unha central , de maiores dimensións con bóveda de canón e arcos faixóns, e dous laterais : oratorio e baño.  Ao exterior obsérvanse xanelas e zócolo.
O nivel superior ou planta nobre  á que se accede por unha escaleira exterior, presenta dous pórticos ou miradoiros abertos ao exterior, ao leste e ao oeste.
Esta gran sala presenta precedentes do ROMÁNICO:
Bóveda de canón con arcos faixóns reforzados con arquerías cegas dispostas nos muros laterais, que repousan  en grupos de catro columnas encostadas con fuste sogueado e capitel derivado do corintio.     
Este sistema de contrarresto complétase con contrafortes no exterior.  Este sistema  construtivo que transmite empuxes da bóveda constitúe un claro precedente da arte románico e por outra banda  os  arcos de medio punto peraltados influirán en Santiago de Compostela.






   
                        
   























Contexto historico
O reino de Asturias, derradeiro refuxio da cristiandade fronte aos musulmáns, era o herdeiro da tradición visigoda.
O rei impulsou unha arte programada e financiada pola coroa para a súa gloria. O mesmo rei Ramiro I transformou o edificio nunha igrexa no ano 848.
Arte asturiana. 
Período de esplendor de reino astur primeira metade do Século IX.   
A orixe do reino ten a súa orixe no enfrontamento cos árabes ( mítica batalla de COVADONGA) :O reino de Asturias comeza co rei  Alfonso I  739.
O núcleo de resistencia e a monarquía " xustifica"  o seu poder como lexítima continuadora da monarquía hispana visigoda.   
      
TRES PERÍODOS
Etapa de creación ou inicial, segunda metade do século VIII. Con Alfonso II o Casto    
Etapa de esplendor ou etapa ramirense. Século IX.
Etapa final . Na segunda metade do século IX e na que destaca o rei Alfonso III o Magno.

FUNCIÓN. Nun principio edificio civil como pavillón do rei Ramiro I. Máis tarde transfórmase en igrexa, cambiando o oratorio do piso inferior , a un dos miradoiros do piso superior, para cumprir a función de realizar os ritos cristiáns e bendicir aos soldados.




7 nov 2011

Santa Sofía de Constantinopla





NOME: Basílica de Santa Sofía de Constantinopla
ARQUITECTOS: Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto
CRONOLOXÍA: 532-537
LOCALIZACIÓN: Constantinopla
ESTILO: Bizantino
MATERIAIS: ladrillo e mármore; no interior, recuberto de mosaicos 

Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, o primeiro  experto en matemáticas e xeometría sería o responsable teórico e Isidoro de Mileto ocupouse de levar a teoría á práctica.  
Construíuse en breve tempo, apenas cinco anos, entre 532 e 537. 
Durante séculos foi o templo máis importante da cristiandade, tras caer a cidade baixo o Imperio otomán no século  XV, foi transformada  en mesquita.
Na actualidade despois de ser museo, o goberno turco converteuna de novo en mesquita.


exterior
O que máis destaca é a gran cúpula asentada sobre un tambor de fiestras, e o muro, cheo de aperturas e secundado por grandes contrafortes. Estes danlle un aspecto macizo pero á súa vez fan un servizo imprescindible para vencer as tensións que exerce a cúpula.




planta e interior
Os arquitectos de Santa Sofía  deseñaron un edificio que une as tradicións de Oriente e Occidente, sendo ao mesmo tempo centralizado e basilical dentro dun rectángulo de 70 x 76 metros.
Como planta basilical está precedida dun dobre nartex, ten tres naves separadas por arcos de medio punto sobre columnas. 
A nave central é o dobre de ancha e condúcenos  como espazo lonxitudinal  cara á ábsida. A cúpula, de grandes dimensións, condicionou a estructura da basílica.
A planta é un rectángulo cun centro que está formado por 4 piares que delimitan un cadrado. Estes piares soportan gran parte do peso da cúpula, apoiada sobre 4 grandes arcos de medio punto que axudados por un sistema de pechinas, definen o círculo que forman.
Para absorver a presión da cúpula existen dúas medias cúpulas sostidas por piares dispostos octogonalmente. Estes se contrarrestan á súa vez a partir de exedras que se abren en arcadas. O empuxe  da gran  a cúpula utilízase todo un sistema de contrarrestos,  así mediante dous grandes arcos de reforzo o peso trasládase cara a dous dúas medias  cúpulas unha na cabeceira e outra nos pés  e estas dúas  contrarréstanse  á súa vez  mediante outras dúas pequenas exedras como as da imaxe. Os catro piares refórzanse con catro contrapiares macizos nas naves laterais.
O empuxe da cúpula é conducido ao chan gracias ás innumerables bóvedas, os contrafortes exteriores contrarrestan as presións laterais. 40 fiestras que forman o tambor da cúpula irradian de tal xeito que debuxan un anel de luz sobre o cal flota a cúpula, símbolo da bóveda celeste.
O sistema construtivo en todo o edificio é o abovedado con bóvedas de aresta nas naves laterais que quedan illadas visualmente da  gran sala central e por tanto cun papel moi secundario  e a cúpula  na nave central.   ( na imaxe bóveda aresta de nave lateral practicamente incomunicada coa gran nave central, feito que acentúa a idea de espazo centralizado).
O máis destacable do espazo é  a gran cúpula   gallonada, que carece de tambor, está construída  con materiais de pouco peso, como ánforillas  que permite abrir o anel de xanelas dando a sensación de que a cúpula flota.

  
 
 
 


1) Tribuna
2) Cúpula
3) Pendente (pechina)
4) Media cúpula
5) Exedra

Augusto de Prima Porta



TÍTULO: Augusto de Prima Porta
AUTOR: Descoñecido (Comitente: senado de Roma)
CRONOLOXÍA: 19 a. C.
ESTILO: Romano Imperial
LOCALIZACIÓN: Museos Vaticanos, Roma













tema

Representación do emperador Augusto mentres arenga ao seu exército.



composición

O retrato de Augusto, aínda que o ensalza, representa claramente á persoa do emperador. Calquera romano o recoñecería pola súa presenza en moedas e representacións.
Está vestido cunha túnica sobre a cal exhibe unha coraza musculada con relevos e un paludamentum que rodea a súa cadeira e que sostén co brazo esquerdo. Ten o brazo dereito erguido en sinal de autoridade e arengando ao exército. Na man esquerda sostén o bastón consular.
Esta obra estaba pensada para estar colocada contra a parede, polo que todo se concentra no plano frontal. Os lados están pouco coidados e o dorso nin sequera está rematado.
Os pés están descalzos e obedecen á representación tradicional do mundo clásico dos deuses deificados. O golfiño de Venus con cupido resolve o problema de sustentación.

contido

Aparece representado como xefe do exército no momento do allocutio, a arenga ao exército. Na man dereita lucía unha coroa de victoria que lles amosaba ás tropas. A coraza con relevos, está representada a guerra entre partos e romanos, e formaban parte do programa rexenerador do Imperio. Pódese considerar como unha xustificación do seu expansionismo militar. Expresa un dos hitos superados, as guerras párticas, no cariño imperial que conducía á Paz Augusta. Según Pedro García Martín, esta propaganda oficial estaba destinada a soterrar á vella República e a educar ás novas elites no culto ao emperador.

O emperador Octavio fíxose retratar en todas as modalidades escultóricas: ecuestre, apoteósica, sacerdotal, togada, heroica e triunfal. O novedoso nesta estatua de xeneral victorioso é que volve a sua mirada ao canon grego do século V a.C. A armonía do rostro, as proporcións anatómicas do atleta, o drapeado do manto e o bastón consular son os símbolos do poder imperial. Pero están xa inspirados no Doríforo de Policleto, ou o que é o mesmo, sustitúen o realismo republicano polo idealismo helenizante.
O programa iconográfico da coraza reflexa a cosmovisión augusta. Na parte superior, o Ceo extiende o sea manto sobre o firmamento, nun de cuios bordes asoma a estrella da mañana. O xerro da Aurora verte o rocío matutino. O astro rei, o deus sol que é ponte de vida pola súa calidez, fui renacer cada día ao mundo e ás sas criaturas. Na parte inferior, flanqueados por Apolo e Diana -os deuses favoritos de Augusto-, a Nai Terra nutre a dous nenos e a súa cornucopia derrama a abundancia.
A victoria sobre os partos, valorouse como o paso decisivo hacia o estado universal de Augusto.
O cliente que encargou a estatuta, a súa esposa Livia, ou un grupo de senadores, instruiu ao escultor para que remarcase a orixe divina do primeiro emperador romano. Non leva calzado senon a desnudez dos heroes olímpicos. A figura de Eros a lombos dun delfín alude á ascendencia de Venus.




Teatro de Mérida


NOME: Teatro de Mérida
ARQUITECTO: descoñecido (Comitente: cónsul Marco Agripa) A escena foi reconstruída no século II d. C. por Traxano e Adriano
CRONOLOXÍA: 18 a. C.
LOCALIZACIÓN: Emérita Augusta
ESTILO: romano imperial





planta
Componse de cávea semicircular, orchestra semicircular, un gran proscenio rectangular e unha escena monumental que cerra o hemiciclo.
Tal como establecía no seu tratado o arquitecto Vitrubio, a escena dálle paso a un gran conxunto posterior, a partir dunha galería con pórtico que permite ao público abrigarse en caso de chuvia.

interior
Diferénciase do arquetipo romano, porque a parte inferior da súa cávea está escavada nun outeiro seguindo a tradición grega. A cávea podía acoller ata a cinco mil persoas, está dividida en 6 sectores radiais por 7 escaleiras. Practicamente integradas na orchestra, estaban as bancadas de preferencia para altos cargos e personaxes de honra.
Ten unha intelixente e funcional organización interna de pasillos abovedados e escaleiras que conectan "os vomitorios" que aseguran a evacuación en minutos. A escena é unha estructura con pórtico de dou niveis, de orde corintia, cunha grande exedra cóncava central que acolle a porta principal e dúas máis laterais.

4 nov 2011

Acueducto de Segovia

TIPOLOXÍA: Acueducto: obra pública.
CRONOLOXÍA: Século I d. C.
LOCALIZACIÓN: Segovia
ESTILO: Romano Imperial









O Acueducto de Segovia, unha das grandes obras de enxenería romana en Hispania, recolle a auga da serra de Guadarrama. Dende alí parten as dúas monumentais arquerías superpostas.
Edificado con grandes sillares de granito, salienta pola súa esvelteza e polas equilibradas proporcións: a arquería superior mantense sempre invariable na súa configuración; así e todo, os enormes piares de planta rectangular da arquería inferior varían o seu tamaño a tenor das irregularidades do terreo.

2 nov 2011

Arco de Tito


NOME: Arco de Tito
CRONOLOXÍA: 81 d. C.
LOCALIZACIÓN: Foro de Roma
ESTILO: Romano Imperial
MATERIAL: mármore












É o arco mái antigo de todos os que se conservan en Roma, fermoso exemplo de proporción, nobreza arquitectónica e ornamentación sobria. Único van franqueado por dous grandes piares, con bóveda de canón no interior. Unha liña de imposta separa o zócolo do corpo principal, no que destacan catro semicolumnas con chapiteis compostos, nos ángulos dos piares, simulando soster o entablamento.
Remata o arco un ático cunha inscripción co nome do emperador. Fermosa decoración escultórica, sobria no exterior e desbordante baixo a bóveda, con altorrelevos de gran formato presentando a entrada triunfal de Vespasiano e Tito, o ano 70 d. C. en Xerusalén mostrando os símbolos dos xudeus.


Coliseo. Anfiteatro Flavio


NOME: Coliseo ou Anfiteatro Flavio
ARQUITECTO: Descoñecido (comitente: Flavio)
CRONOLOXÍA: 72-80
LOCALIZACIÓN: Val do Coliseo, Roma
ESTILO: Romano Imperial







exterior
Un estilóbato é a base da fachada, famosa pola superposición das tres ordes gregas. Cada piso deséñase como unha sucesión de arcos de medio punto sostidos por columnas dóricas, xónicas e corintias que culminan nun entablamento.
O cuarto piso, construído por Domiciano, para ampliar a capacidade do edificio, presenta un ático macizo decorado por lesenas corintias que enmarcan fiestras cadradas. Todavía existen algunhas das ménsulas de apoio que sostiñan os mastros onde se fixaba o toldo para o sol e a chuvia.
Todo o exterior estaba recuberto de estuco, o interior era un luxo.







planta e interior
80 arcos de medio punto do primeiro piso son os accesos ao recinto interior e á súa gradaría. O sistema de gradas non aproveita o desnivel do terreo, érguese sobre unha multitude de bóvedas superpostas sustentadas por piastras radiais.





O corazón do edificio, está conformado por kilómetros de pasillos e galerías, coroados por bóvedas de canón e de aresta, e estructurados en pisos comunicados por escaleiras. Tiña unha capacidade para 50000 espectadores e a súa evacuación era factible en tan só 3 min.
A gradaría rodea a area, espacio circular central onde se levaban a cabo as celebracións. Domiciano mandou construir un subsolo deseñado para axilizar o espectáculo.

O Panteón


NOME: Panteón
ARQUITECTO: Descoñecido (comitente o emperador Adriano)
CRONOLOXÍA: 118-125
LOCALIZACIÓN: Campo de Marte, Roma
ESTILO: Romano Imperial








exterior
Destaca o pórtico octástilo, formado por oito columnas monolíticas de granito, con basas de mármore branco que soportan un entablamento coa inscripción do antigo templo de Agripa.
Un corpo de transición conduce ao tambor, que estaba recuberto de mármore e estuco, que aparece como un cilindro sen ornamentos que combina o formigón cos ladrillos. As súas liñas de imposta delimitan tres andares superpostos de arcos de ladrillo, arcos de descarga, contrafortes integrados no muro que distribuen a presión da cúpula e a concentran en oito piares repartidos pola planta circular.

planta
O pórtico queda dividido polas columnas en tres naves, a central da acceso á cella. Esta é de planta circular, presidida por oito piares, receptores da presión da cúpula.

 
interior
Trátase dunha fachada ficticia, construída a partir de mármores, materiais nobres, columnas, cornixas, pilastras...que non sosteñen nada. Isto cumpre unha dobre función: oculta todo o sistema de carga e fai unha homenaxe á arquitectura grega. Por encima de todo isto elévase un ático con fiestras.
Sobre o ático a cúpula de 43'2 m. Estructurada de aneis e nervios que configuran os casetóns que lle dan grandiosidade. Coroa a cúpula un óculo ou fiestra circular de 9 m, que é o verdadeiro foco de luz e ventilación do recinto emulando o disco solar.

Apoxiomeno














AUTOR: Lisipo
CRONOLOXÍA: século IV a. C.
ESTILO: Grego clásico
MATERIAL: Bronce

O Apoxiomeno -o que quita o aceite de si mesmo-, representa a un atleta mozo, de pé e espido, que tras competir na palestra, quita do seu corpo o po coa strigilis (raedera). A escultura está lixeiramente inclinada e xira lixeiramente a cabeza para mirar ao lonxe. Ergue os brazos case á altura dos ombreiros e coa man esquerda despraza o strigilis pola parte anterior do brazo dereito. Os dou brazos están tensos, pero un dóbrase mentres o outro está estirado cara adiante. A figura está apoiada sobre a perna esquerda, pero a outra non está relaxada e situada cara atrás, senon que se despraza cara á dereita. O corpo aínda está sometido á lei da frontalidade, pero o brazo estendido invita a xirar en  torno a ela, dando múltiples visións.
A figura é froito da aplicación do novo canon de proporcións ideais proposto por Lisipo, a cabeza debía ser 1/8 do corpo.

Hermes de Olimpia

TÍTULO: Hermes con neno Dioniso
AUTOR: Praxíteles
CRONOLOXÍA: 340 a. C.
ESTILO: Grego clásico
MATERIAL: mármore
LOCALIZACIÓN: Templo de Hera en Olimpia







tema
Hermes sostén no brazo ao seu medioirmán Dioniso



composición
Calidade da modelaxe, flexibilidade das figuras e delicadeza das superficies; características todas elas da técnica do seu autor.
A curva praxiteliana, que foxe da liña vertical e estática e imprime lixeireza ás figuras, fai que Hermes se desprace do eixe vertical e forme un seductor S invertido que lle proporciona un sutil equilibrio entre movemento e repouso.
A elevación da cadeira fan que a escultura perda tensión e gañe sensualidade. A sinuosidade da figura destaca polo contraste da verticalidade de Dioniso e da túnica que amosa unha caída natural, moi real.

contido
Dioniso, divinidade do viño e fillo de Zeus e de Sémele, é sostido polo seu medioirmán Hermes, mensaxeiro dos deuses e fillo de Zeus e Maia, filla do titán Atlas.

1 nov 2011

Doríforo

TÍTULO: Doríforo
AUTOR: Policleto o Vello
CRONOLOXÍA: 440-430 a. C.
ESTILO: Grego clásico
















tema
O Doríforo é a imaxe idealizada dun mozo atleta que camiña coa lanza apoiada no ombro.




composición
Representación dun mozo espido, de pé, coa lanza no ombro esquerdo e en actitude de marcha.
A cabeza, ladeada cara á dereita, amosa un cabelo e un rostro sereno. O torso inscríbese nun gran rectángulo e tanto os pectorais, como as inguas, aparecen esaxeradas con liñas curvas, o cal non deixa de ser unha reminiscencia arcaica. As coxas, cilíndricas, acóplanse perfectamente ás inguas. Os brazos están despegados do corpo. A man dereita permanece aberta mentres o brazo esquerdo se dobra e cerra a man para coller a lanza.
O Doríforo camiña, apoia o pé dereito e disponse a mover o esquerdo. Equilibrio entre membros tensos e distendidos; este equilibrio compensado entre as partes da figura coñécese como contrapposto, contraposición entre unha parte tensa e outra relaxada, dándolle un equilibrio dinámico á figura.



contido
Esta obra é tamén coñecida como o Canon: Policleto considerou que a figura se achegaba ao sistema de proporcións ideais do corpo humano e a utilizou como exemplo no tratado que escribiu, o Canon.
As proporcións son as da altura da cabeza, que debía de ser sete veces maior que a do corpo.

"Polícleto de Sición, discípulo de Agélades, hizo el Diadúmeno, figura de un hombre joven, llena de suavidad (...) y el Dorífero, figura de niño, llena de vigor y denominada canon por los artistas que estudian sus formas como una especie de ley (...). También es autor de la estatua de un hombre que se está frotando, de un hombre desnudo que incita a jugar a los dados; de dos niños, asimismo desnudos, que juegan con los dados, a los que se les ha llamado Astrogalizontes, y están en el atrio del palacio del emperador Tito; la mayoría contemplan esta obra como la más perfecta que existe; de un Mercurio que estaba en Lisimaquia; de un Hércules Hegetera, que está en Roma, en actitud de tomar las armas; de la estatuta de Artenon, de sobrenombre Periphoteros. Pasa por haber perfeccionado el arte de cincelar en bajorrelieve, que Fidias había inventado. E él pertenece el haber imaginado la posibilidad de hacer sostener las estatuas sobre una sola pierna. Sin embargo, Varion dice que estas figuras son cuadradas y casi todas ellas hechas con el mismo patrón."
(Fuentes y Documentos para la Historia del Arte. vol.1. pág. 353).  

O Discóbolo

documentación xeral
TÍTULO: Discóbolo
AUTOR: Mirón
CRONOLOXÍA: 460-450 a. C.
ESTILO: Grego clásico








tema
Un atleta é captado no preciso instante no que vai a lanzar o disco




composición
Mirón imprimiulle gran dinamismo ao corpo do Discóbolo, elixindo o momento no que o atleta sitúa o disco cara atrás, paso previo e inmediato para lanzalo. O obxectivo do artista non era fiel á realidade; a postura responde máis á impresión de movemento que quería transmitir que á posición real que adoptaban os lanzadores de disco.
Grande esforzo do artista por distanciarse do hieratismo da época arcaica converténdose así no escultor do movemento.
Especial atención merece o estudio da tensión entre as diversas formas xeométricas que configuran o corpo. A composición está pensada a partir de triángulos e curvas: a cabeza, as cadeiras e os pés forman unha media circunferencia que se opón, en equilibrio precario, á outra media circunferencia que son os brazos estendidos. Tamén é apreciable unha liña en forma de zigzag que rompe con toda harmonía estática e que vai do disco ata a parte dereita das costas.

contido
A figura representa a un mozo na súa máxima plenitude física, o ideal atlético da época, a piques de lanzar o disco.
A escultura foi feita para crear a ilusión de movemento e non para amosar a técnica dos lanzadores da época.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...