NOME: San Lourenzo do Escorial
ARQUITECTOS: Juan Bautista de Toledo e Juan de Herrera
CRONOLOXÍA: 1563-1584
LOCALIZACIÓN: El Escorial, Madrid
ESTILO: Renacentismo manierista
Juan Bautista de Toledo colaborou con Miguel Ángel na basílica de San Pedro do Vaticano. Felipe II involucrouse no proxecto de San Lourenzo do Escorial e tomou decisións que non eran compartidas polos seus arquitectos.
exterior
O exterior como se pode observar é sólido, hermético con miles de fiestras de forma cadrada sen molduras nin cornixas que se suceden pola fachada de granito con catro torres en cada un dos extremos.
As cubertas son de lousa negra rematadas con bolas e chapiteis que rematan en forma piramidal propia da arquitectura dos Austrias. Na fachada principal rompe coa austeridade, adiantando lixeiramente un corpo formado por un dobre andar de columnas dóricas xigantes rematado nun frontón.
planta
A planta está caracterizada pola unidade e a simetría, de estructura cuadrangular está dividido por unha reticula semellando a unha grella.
Dividido en dúas partes claramente delimitadas un eixe central que parte da fachada principal e prolóngase ata o patio dos Reis.
|
Patio dos Reis |
A ambos lados deste eixe, ao norte: o palacio público para a corte e as dependencias do seminario e do colexio universitario, ao sur, o espléndido claustro dos Evanxelistas e o convento.
|
claustro dos Evanxelistas
|
A simetría está presente en todo o conxunto arquitectónico, o convento, por exemplo segue un esquema típico cruciforme con catro claustros chamados Patios Chicos.
interior
A igrexa, é o punto neurálxico de todo o conxunto. Está inspirada na primeira basílica de San Pedro do Vaticano e posue planta de cruz grega con cúpula que sobresae de todo o conxunto. A ábsida é cadrada e está unida as dependencias privadas de Felipe II.
A fachada é dórica con seis semicolumnas de orde xigante que se corresponden no andar superior cos soportes-pedestais das seis esculturas dos reis de Israel -patio dos reis-. Todo isto está rematado cun frontón roto por un gran van.
O claustro dos Evanxelistas é unha doble galería con columnas adosadas clásicas, inspirado nos patios romanos. O xardín e o seu trazado simboliza o Edén e no centro a fonte dos Evanxelistas.