31 ene 2012

O tributo da moeda


TÍTULO: o tributo da moeda
AUTOR: Masaccio
CRONOLOXÍA: 1427
ESTILO: renacemento (Quattrocento)
TÉCNICA: fresco
LOCALIZACIÓN: Capela Brancacci na igrexa de Santa María do Carmine, Florencia

O tributo é unha das escenas máis famosas dos frescos pintados por Masaccio na Capela Brancacci. O tema principal do conxunto dos frescos é a salvación da humanidade por Xesucristo a través da figura de Pedro, polo tanto se narran episodios da vida de San Pedro.
No tributo da moeda as figuras de Xesús e Pedro mostranse en tres partes, escena que aparece nun pasaxe do Evanxelio de Mateo: Xesús e os seus discípulos son solicitados para o pago do tributo para o templo, Xesús ordenalle a Pedro que pesque un peixe donde encontrará a moeda para pagar o tributo.
Masaccio utiliza este pasaxe para o seu fresco e o representa nun so espacio, xustapón tres escenas do Evanxelio según Mateo:
  • Un recaudador de impostos (o publicano) reclama o tributo a Pedro, este acontecemento ocupa o centro do fresco. Está o cobrador cunha túnica vermella, de espaldas, que reclama o pago do imposto. Xesús ordena a Pedro cun xesto o que debe facer.
  • Pedro colle unha moeda que fora tragada por un peixe do lago Tiberíades. Esta escena está representada no lado da esquerda.
  • Pedro paga ao recaudador no lado dereito ante un edificio que está en perspectiva.
A perspectiva utilizada por Masaccio é única, as sombras están feitas coa mesma inclinación do sol, as montañas se difuminan polo horizonte. A escena desenvolvese nun espacio arquitectónico según as leis da perspectiva. A paisaxe e a arquitectura danlle unidade ao cuadro; as líneas de fuga converxen todas na cabeza de Cristo.
As persoaxes teñen expresións vivas, están representadas de forma maciza, teñen formas escultóricas gracias ao claroscuro, evocando obras de escultores contemporáneos a Masaccio, isto é propio da tradición dos pintores florentinos desde Giotto ata Miguel Anxo.
Xesús posue rasgos humanos e ten a mesma altura que os apóstolos; Masaccio rechaza a perspectiva xerárquica tan utilizada nos mesmos temas.
Con respecto ao color utilizado, Masaccio usa a paleta clásica, os colores cálidos avanzan e os fríos retroceden, todo enmarcado nun fondo grisáceo.

30 ene 2012

Gattamelata

AUTOR: Donatello
CRONOLOXÍA: 1444-1453
ESTILO: Renacemento (Quattrocento)
MATERIAL: bronce
















Il Gattamelata é un monumento ecuestre que está considerado o primeiro do Renacemento. O seu autor é Donatello e tomou como punto de partida a estatua ecuestre de o emperador Marco Aurelio e probablemente as efixies ecuestres que aparecían nas moedas romanas.
A persoaxe é Erasmo de Narni, xefe dos exércitos mercenarios que estaban ao servicio de Venecia, e é coñecida como Il Gattamelata, que significa "gata melosa". O Condottiero está en actitude relaxada sobre o seu cabalo, viste armadura típica da época con proteccións nos brazos e as pernas. Porta unha enorme espada que está enfundada e un bastón de mando de oficial romano portándolle ese aire triunfal e de poder que nunca obtivo en vida.
A estatua levántase sobre un gran zócalo de mármore que tamén é obra de Donatello, nos seus lados conta con portas de mármore recreando as portas do Hades, imitando aos sarcófagos da antigüidade.

David de Donatello

TÍTULO: David
AUTOR: Donatello
CRONOLOXÍA: 1444-1446
ESTILO: Renacemento (Quattrocento)
MATERIAL: bronce
LOCALIZACIÓN: Museo Nazionale del Bargello, Florencia































Vasari comentou referíndose ao David de Donatello que "...ese corpo é tan natural, vívido e delicado que os artistas lles parece que debe de ter sido moldeado sobre o corpo dunha persoa viva"

A naturalidade do corpo de David, grácil e adolescente é froito dunha composición moi estudiada. A perna dereita soporta o peso do corpo liviano, e a esquerda descansa sobre a cabeza de Goliat. O ángulo que forma coa perna que está libre é contrarrestado polo brazo que David apoia sobre a cadeira.
O corpo desnudo, só viste un sombreiro e calzas de pel, é realzado pola inclinación da cadeira e a posición casi erecta do tórax, utilizando e recreando a curva praxiteliana, dándolle movemento e sensualidade ao corpo de David.
Está feito en un bronce case negro e moi pulido o que lle serve para realzar as calidades do seu corpo xuvenil.



Todos os atributos que Donatello utilizou, como a espada, a pedra que garda nunha das súas mans e esa mirada de satisfacción sobre o seu trofeo, denotan coraxe e valentía.
O David de Donatello vai máis alá dunha sinple descripción dun relato bíblico, hai que observar o helmo e as ás de Goliat, claro referente aos duques de Milán que ameazaron continuamente a cidade de Florencia, tamén fai referencia a esta co sombreiro, típico dos campesiños florentinos.
Así, Florencia representada por David, máis pequeno, enfróntase á grande e poderosa Milán.














detalle da cabeza de Goliat
          


        




29 ene 2012

San Lourenzo

NOME: Igrexa de San Lourenzo
ARQUITECTO: Filippo Brunelleschi
CRONOLOXÍA: 1421-1470
ESTILO: Quattrocento
LOCALIZACIÓN: Florencia


















A igrexa de San Lourenzo é a reinterpretación xeométrica da basílica romana e a igrexa paleocristiá. Estudio da perspectiva, consegue que todas as liñas converxan nun único punto, o altar; estudio tamén de simetría, pois si nos situamos na nave central percibimos un lado como espello do outro. A escala utilizada é a humana nun espacio diáfano donde prima a horizontalidade sobre a verticalidade.
Todos os elementos arquitectónicos están calculados tomando o cruceiro como módulo: naves, capelas, arcos.







A planta da igrexa é tamén simétrica e está articulada en tres naves, transepto delimitado por unha escalinata de tres escalones que da acceso ás capelas que percorren toda a igrexa. A ábsida é rectangular e está flanquedada por dúas sacristias. Para a cúpula sobre o cruceiro, Brunelleschi recuperou as pendentes, que permiten pasar da planta cadrada á circular, e que se utilizaba na Antigüidade.











25 ene 2012

Cúpula de Santa María dei Fiore

NOME: Cúpula de Santa María dei Fiore
ARQUITECTO: Filippo Bruneleschi
CRONOLOXÍA: 1418-1446
LOCALIZACIÓN: Florencia
ESTILO: Renacemento (Quattrocento)



















A cúpula presenta un aspecto gracias ao seu aspecto oxival, apuntado, conseguido a partir da curvatura dos oito nervios de mármore branco que ascenden ata a linterna, diseñada polo propio Brunelleschi.
A cúpula que é octogonal está recuberta por tellas vermellas e álzase sobre un tambor tamén octogonal de pedra cun revestimento de mármore con un gran óculo en cada un dos seus lados, a modo de ollo de boi.



interior
O seu interior realizouse sen armazóns interiores, normalmente de madeira curva que lle serviría de soporte á bóveda mentras fora construída.
Brunelleschi ideou un método para alzala. Fixo a cúpula con un dobre cascarón octogonal con un espacio baleiro no medio. O cascarón interno é de ladrillos e pedra pois debía ser máis resistente que a cúpula externa pois debía sostela.
O espacio baleiro foi pensado para que entre os dous cascaróns puidese trazarse unha esfera. Desta maneira, Brunelleschi, se beneficiaría da calidad dunha cúpula esférica. O autor con este sistema ideou o sistema de autosustentación pois compensaba a presión exercida hacia o interior.
O empuxe centrífugo que se producía na base da cúpula foi contrarrestado polos nervios visibles do exterior, e por semicúpulas que actuaban de descarga.

A catedral era de estilo gótico e mantiña a decoración bícroma típica da arquitectura románica da toscana. Desde o seu principio en 1296, sempre estivo planificada a construcción dunha gran cúpula sobre o cruceiro, e no 1418 xa se prefixaran o tambor octogonal.
Brunelleschi foi elexido no concurso polo seu novedoso proxecto. 


23 ene 2012

O xardín das delicias

TÍTULO: O xardín das delicias
AUTOR: O Bosco (Hieronymus van Aeken)
CRONOLOXÍA: 1510-1515
ESTILO: gótico flamenco
TÉCNICA: óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid















elementos plásticos
Á esquerda do tríptico, o paraíso está representado con tons verdes e amarelos, que nos denotan pureza e renovación; no centro prevalece a cor e a luz do paraíso; no lateral dereito ou inferno prevelecen os tons oscuros como o negro e o vermello máis acordes co tema tratado e no tríptico cerrado están as tonalidades grises e apagadas revelando un mundo todavía con pouca vida no seus inicios.

composición
No exterior, co tríptico pechado, observamos ao mundo no seu terceiro día da súa creación dentro dunha esfera de cristal.
No interior, a táboa da esquerda representa a creación de Eva observada por Adán. Ao fondo pódese ver a fonte da vida rodeada de animais fantásticos e árbores exóticas. A táboa da dereita está adicada ao inferno.  O negro e o vermello dominan agora a paisaxe. Aquí o Bosco mestura os papeis e incluso os cambia, como podemos observar na escena do coello que leva unha víctima humana pendurada dunha lanza. Tamén introduce aquí as proporcións grandes de obxectos cotiás covertidos incluso en instrumentos de tortura reflexando o caos existente no inferno donde as relacións entre os seres vivos se invertiron.


creación de Eva

o inferno

















































A táboa central é un extenso xardín cheo de animais, de homes e mulleres espidos en escenas case sempre lascivas. No centro un grupo de xinetes xira arredor dun estanque central na que se bañan algunhas mulleres; con esta escena O Bosco intentaba plasmar a orixe das actividades dominadas pola tentación da carne.


Nesta táboa, a que é propiamente o xardín das delicias, representa o pecado mortal da luxuria. Nas laterais, escenifica a orixe do pecado e o seu castigo. Reprodúcese a lascivia de forma explícita como por exemplo na parella que está nunha esfera transparente, pero tamén se alude á sexualidade dunha forma metafórica como por exemplo nos moitos froitos que sosteñen as persoaxes ou amantes.

Matrimonio Arnolfini







































TÍTULO: Matrimonio Arnolfini
AUTOR: Jan Van Eyck
CRONOLOXÍA: 1434
ESTILO: gótico flamenco
TÉCNICA: óleo
LOCALIZACIÓN: National Gallery, Londres


Esponsais entre Giovanni Arnolfini, rico mercader italiano en Flandes, e a súa prometida, Giovanna Cenami. A escea desenvólvese na súa cámara nupcial.

Tres cores destacan na composición cromática do cadro: verde intensa reflexado no vestido da noiva, o marrón da túnica que luce Giovanni Arnolfini, e o vermello que cubre o mobiliario da estancia. A luz provén dunha fiestra que está situada á esquerda detrás das personaxes, provocando unha atmosfera especial iluminando de cheo á noiva e creando tamén unha zona de penumbra arredor do noivo.
Van Eyck cambiou a forma tradicional de pintar, substituíndo o tradicional ovo como base, polo aceite que secaba de forma máis lenta e permitía os famosos repintes, conseguindo ese realismo característico da escola flamenca a base de ir engadindo pequenos detalles.

A composición do espacio está conseguida a partir da confluencia na parede do fondo das paredes laterais. Tamén no fondo conflúen as liñas de fuga que están representadas polas vigas do teito e as táboas do chan, conformando o desexado efecto tridimensional. A tridimensionalidade está reforzada polo espello na parede, recurso empregado posteriormente por outros grandes mestres da pintura como Velázquez. No espello están reflexados dúas personaxes que se encontran en fronte aos protagonistas. Por encima do espello podemos observar unha inscripción que dice: Johannes de Eyck fuit hic, 1434, Johannes van Eyck estivo aquí. No teito está unha lámpada que se encarga de centrar a composición. O esposo colle coa súa man esquerda a man da muller, e coa dereita fai un xesto de aprobación ou aceptación. A muller baixando a cabeza sinala a súa modestia.

O cadro no seu conxunto nos está a falar dunha escena relixiosa, aínda que en un principio poderíamos pensar que se trata dunha escena costumbrista, pois nos representa a celebración do sacramento do matrimonio que no século XV non necesitaba da participación dun sacerdote, poi bastaba con dúas testemuñas. A obra está toda ela cargada dun gran simbolismo; a lámpada que pendura do teito simboliza a Xesucristo que todo o ve e santifica, e nos remite á unidade do matrimonio. Os zocos no chan aluden a que os esposos están descalzos e simboliza o sagrado do acto, o can representa a fidelidade dentro do matrimonio, a borla que cae da cabeceira da cama e o ventre avultado da muller simbolizan a fertilidade; as froitas situadas na ventá aluden á inocencia orixinal.

19 ene 2012

Lamento sobre Cristo morto

TÍTULO: lamento sobre Cristo morto
AUTOR: Giotto di Bondone
CRONOLOXÍA: 1303-1305
TÉCNICA: fresco
LOCALIZACIÓN: Capela dos Scrovegni, Padua (Italia)

















Giotto di Bondone (1267-1337), máis coñecido por Giotto, tivo por mestre a Cimabue, e xa no ano 1300 era un artista de gran fama. Pintor e arquitecto, a súa influencia extendeuse por toda Italia e por Europa. O ciclo das Historias de María e as Historias de Cristo que representou na gótica capela de Scrovegni, é unha das principais obras mestras da arte medieval.
Lamento sobre Cristo morto (Il Compianto su Cristo morto) forma parte deste ciclo. A figura de Cristo morto encóntrase espida tendida no solo. Xunto a él, unhas mulleres cuidan o cadáver; máis alá os seus discípulos súmanse ao lamento, e no ceo os anxos participan no duelo. O fondo da escea está composto por rocas, a árbore e o ceo oscuro por un azul intenso.
Na formidable síntese de Giotto, nada ten función de ornamento gráfico, senon que posibilita a definición de volumes, o peso da verticalidade e a medida dos xestos. Cada figura ten a súa propia posición e expresan xestos individuais de atención ou desolación ante o falecido. O grupo que está aislado do mundo, fórmase con volumes tratados con amplos planos que emerxen da luz, cerrando o conxunto arredor do cadáver as dúas figuras de espaldas en primeiro plano.
Giotto calcula o espacio a través da posición das figuras, en primeiro plano os dous corpos agachados, máis alá de Cristo encóntranse as figuras da Virxe María e María Magdalena. As personaxes inclinadas hacia adiante de celeste e rosa dirixen a súa atención hacia as figuras principais. Dúas parellas de pe, á dereita e á esquerda, pechan o grupo.
É de destacar o detalle da Nai coa Santa Face, donde se condensa todo o patetismo da composición. A fría rixidez da morte contrasta coa vitalidade do rostro e a delicadeza das mans da Virxe. Todas as miradas converxen hacia a escea principal, incluso a roca segue a mesma dirección que a línea das miradas.
Na liña do estilo italogótico, do que foi un dos principais precursores, Giotto utiliza cores sumamente matizadas.

18 ene 2012

Anunciación e Visitación de Reims

NOME: Anunciación e Visitación de Reims
AUTOR: anónimo
CRONOLOXÍA: 1230-1260
ESTILO: arte gótico
ETAPA: escultura gótica de transición francesa











Os grupos escultóricos da Anunciación e A Visitación da xamba dereita da fachada occidental da catedral de Reims son a culminación iniciada nas grandes portadas das catedrais. As figuras ilustran o tránsito dunhas formas todavía influenciadas polo románico -a Anunciación- a outras formas influencidas polo naturalismo gótico -a Visitación-. As estatuas se liberan da súa condición de soporte arquitectónico e prácticamente están exentas.
A Anunciación está composta pola Virxe e un anxo que está a sorrir de rostro cheo de dulzura e ledicia, enmarcado polo pelo rizado, insinuando o movemento a partir dunha xesticulación dos brazos, sobresae o canon esbelto do corpo e o lixeiro contrapposto. Xunto a él, María exhibe un estilo máis severo e carece de expresión e as súas vestiduras modeladas superficialmente e con pregamentos rectos e angulosos fan destacar a súa verticalidade.
En contraposición o grupo da Visitación, o encontro de María e Isabel embarazadas, reflexa un gran dinamismo interno e nos remite á antigüidade, a súa factura revela o estilo de outro mestre fortemente influenciado pola estatuaria clásica. Ámbas figuras posúen a postura clásica do contrapposto; as cabezas se inclinan e xesticulan coas mans; os rostros expresivos e claramente diferenciados, a Virxe representada coma unha xove doncela, e a súa prima Isabel, máis madura e digna; as vestimentas modeladas e con pregamentos que envolven os corpos que se adiviñan por debaixo da roupa. Ámbas figuras comparten o espacio e interactúan entre si.
En canto á temática, á esquerda, o anxo anuncia a María que vai a concebir ao Fillo de Deus. Á dereita, poucos meses despois de recibir o anuncio de que sería nai, María, preñada de Xesús, viaxa hasta Xudea para visitar á súa prima Santa Isabel, que tamén está á espera dun fillo, a pesares da sáu presunta esterilidade e idade avanzada.


 

17 ene 2012

Pórtico Real de Chartres

NOME: pórtico Real da catedral de Chartres
AUTOR: anónimo
CRONOLOXÍA: mediados século XII
ESTILO: arte gótico
ETAPA: escultura gótica de transición francesa









O pórtico Real construíse na década de 1140 para a anterior catedral románica. As xambas están decoradas por altas figuras de reis e personaxes do Antigo Testamento, posiblemente antepasados de Cristo, as figuras son básicamente simbólicas. As estatuas mostran unha expresión serea, alonxada da severidade do románico.
As figuras reais teñen unha estatura menor pero casi igual cas bíblicas simbolizando o parentesco entre realeza e divinidade.
Os frisos da esquerda amosan esceas da vida da Virxe na súa xuventude con San Xoaquín e Santa Ana. Os frisos da dereita relatan esceas da vida de Cristo, co Bautista e a presentación do templo.
O tímpano está decorado co Xuízo Final co Pantocrátor enmarcado na mandorla e rodeado polos símbolos dos evanxelistas. O pórtico esquerdo está adicado á ascensión de Cristo. O pórtico dereito mostra a pureza de María e a súa dignidade como nai de Cristo.






estatuas columnas

estatuas columnas

             

16 ene 2012

Catedral de León




Fotos Wikipedia


NOME: Catedral de León
ARQUITECTO: Mestre Enrique, Juan Pérez
CRONOLOXÍA: 1255-1300
LOCALIZACIÓN: León
ESTILO: gótico castelán


exterior
A fachada occidental está claramente inspirada en Chartres, ten dúas torres cadradas rematadas por pináculos e separadas do corpo principal e unidas por arcobotantes. Destaca a triple portada con arcos apuntados e abocinados con un espléndido programa escultórico, triple portada oxival, un triforio e cerra o conxunto un xigantesco rosetón e un gablete flanqueado por dous pináculos.
Os muros laterias están cortados por contrafortes e arcobotantes con pináculos, que recollen o peso da bóveda da nave central e permiten abrir numerosos ventanais nos espacios intermedios.


planta e interior

A planta está inspirada en Reims, pero un pouco máis reducida. Unha planta basilical cruciforme de tres naves. Isto provoca que estemos a falar dunha "macrocefalia", cabeza demasiado grande, que fai que o templo perda en profundidade e perspectiva.
Consta de tres naves, a central máis alta que as laterais, cabeceira formada por un gran transepto de tres naves e ábsida con deambulatorio e cinco capelas radiais de forma trapezoidal.
As bóvedas son de crucería e posue finas columnas ata o chan.




Especial atractivo ofrece a Catedral de León no sistema de ventanais utilizado creando unha luminosidade única tamizada por as súas impresionantes vidrieiras. 230 ventanais apuntados que xunto aos rosetóns, suman máis de 1200m cadrados de vidrieiras policromadas.
O alzado leonés responde á utilización plenamente gótica de arcadas, triforio e claristorio.



11 ene 2012

Catedral de Reims



Foto Wikipedia

Foto Wikipedia

NOME: Catedral de Reims
CRONOLOXÍA: 1211-1275
LOCALIZACIÓN: Reims
ESTILO: gótico
AUTOR: descoñecido

A Catedral de Reims continuación do esquema xeral seguido en Chartres, está considerada como a culminación do período gótico clásico francés.
Posúe unha espléndida decoración escultórica exterior ao que hai que engadirlle unha innovadora tracería calada, característica do gótico tardío.

exterior
A fachada occidental está dividida en varios corpos. O corpo inferior está composto por tres portas, que se corresponden coas naves interiores, ornamentadas con arquivoltas con esculturas e abertas en vans con vidrieiras e tracería gótica, sobresaíndo o gran rosetón central. O pórtico maior está dedicado á Virxe María.  Destacan os grupos das xambas, donde se encontra o tema da Anunciación. Apréciase a busqueda dunha nova expresividade donde as personaxes parecen querer falar entre elas, con xestos e expresións individualizadas. O anxo do sorriso, o Arcanxo Gabriel no tema, convírtese no paradigma desta nova escultura gótica. No segundo corpo un gran rosetón enmarcado por un arco apuntado, atravesado no centro por a punta do gablete. Flanqueado por arcos apuntados xeminados decorados con tracería gótica e rematados por gabletes. No terceiro corpo nos encontramos a famosa galería dos reis, con esculturas baixo doseletes de arcos apuntados rematados por gabletes. Rematan o conxunto unhas imponentes torres, con torrecillas no ángulos e decoradas con tracería.





As fachadas do transepto están tamén decoradas con esculturas. A do norte contén as esculturas dos Bispos de Reims, a representación do xuízo final e unha figura de Xesús (le Beau Dieu), mentres que no lado meridional ten un bonito rosetón cos profetas e os apóstolos.


interior
A fábrica destaca pola unidade do seu estilo, a pesar da prontitude da súa construcción, a penas durou dous séculos.
A altura da nave maior é de 38 m (Amiens e Beauvais son máis altas).
En planta posúe unha nave central e dúas laterais, ábsida con deambulatorio e cinco capelas radiais. Triforio e amplo claristorio conservando vidrieras que van desde o século XIII ata o século XX; Marc Chagall diseñou a vidrieira no ano 1974 da ábsida.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...