AUTOR: O Bosco (Hieronymus van Aeken)
CRONOLOXÍA: 1510-1515
ESTILO: gótico flamenco
TÉCNICA: óleo
LOCALIZACIÓN: Museo del Prado, Madrid
elementos plásticos
Á esquerda do tríptico, o paraíso está representado con tons verdes e amarelos, que nos denotan pureza e renovación; no centro prevalece a cor e a luz do paraíso; no lateral dereito ou inferno prevelecen os tons oscuros como o negro e o vermello máis acordes co tema tratado e no tríptico cerrado están as tonalidades grises e apagadas revelando un mundo todavía con pouca vida no seus inicios.
composición
No exterior, co tríptico pechado, observamos ao mundo no seu terceiro día da súa creación dentro dunha esfera de cristal.
No interior, a táboa da esquerda representa a creación de Eva observada por Adán. Ao fondo pódese ver a fonte da vida rodeada de animais fantásticos e árbores exóticas. A táboa da dereita está adicada ao inferno. O negro e o vermello dominan agora a paisaxe. Aquí o Bosco mestura os papeis e incluso os cambia, como podemos observar na escena do coello que leva unha víctima humana pendurada dunha lanza. Tamén introduce aquí as proporcións grandes de obxectos cotiás covertidos incluso en instrumentos de tortura reflexando o caos existente no inferno donde as relacións entre os seres vivos se invertiron.
creación de Eva |
o inferno |
A táboa central é un extenso xardín cheo de animais, de homes e mulleres espidos en escenas case sempre lascivas. No centro un grupo de xinetes xira arredor dun estanque central na que se bañan algunhas mulleres; con esta escena O Bosco intentaba plasmar a orixe das actividades dominadas pola tentación da carne.
Nesta táboa, a que é propiamente o xardín das delicias, representa o pecado mortal da luxuria. Nas laterais, escenifica a orixe do pecado e o seu castigo. Reprodúcese a lascivia de forma explícita como por exemplo na parella que está nunha esfera transparente, pero tamén se alude á sexualidade dunha forma metafórica como por exemplo nos moitos froitos que sosteñen as persoaxes ou amantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario