ARQUITECTO: Filippo Brunelleschi
CRONOLOXÍA: 1421-1470
ESTILO: Quattrocento
LOCALIZACIÓN: Florencia
A igrexa de San Lourenzo é a reinterpretación xeométrica da basílica romana e a igrexa paleocristiá. Estudio da perspectiva, consegue que todas as liñas converxan nun único punto, o altar; estudio tamén de simetría, pois si nos situamos na nave central percibimos un lado como espello do outro. A escala utilizada é a humana nun espacio diáfano donde prima a horizontalidade sobre a verticalidade.
Todos os elementos arquitectónicos están calculados tomando o cruceiro como módulo: naves, capelas, arcos.
A planta da igrexa é tamén simétrica e está articulada en tres naves, transepto delimitado por unha escalinata de tres escalones que da acceso ás capelas que percorren toda a igrexa. A ábsida é rectangular e está flanquedada por dúas sacristias. Para a cúpula sobre o cruceiro, Brunelleschi recuperou as pendentes, que permiten pasar da planta cadrada á circular, e que se utilizaba na Antigüidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario