Foto Wikipedia
NOME: Catedral de Reims
CRONOLOXÍA: 1211-1275LOCALIZACIÓN: Reims
ESTILO: gótico
AUTOR: descoñecido
A Catedral de Reims continuación do esquema xeral seguido en Chartres, está considerada como a culminación do período gótico clásico francés.
Posúe unha espléndida decoración escultórica exterior ao que hai que engadirlle unha innovadora tracería calada, característica do gótico tardío.
exterior
A fachada occidental está dividida en varios corpos. O corpo inferior está composto por tres portas, que se corresponden coas naves interiores, ornamentadas con arquivoltas con esculturas e abertas en vans con vidrieiras e tracería gótica, sobresaíndo o gran rosetón central. O pórtico maior está dedicado á Virxe María. Destacan os grupos das xambas, donde se encontra o tema da Anunciación. Apréciase a busqueda dunha nova expresividade donde as personaxes parecen querer falar entre elas, con xestos e expresións individualizadas. O anxo do sorriso, o Arcanxo Gabriel no tema, convírtese no paradigma desta nova escultura gótica. No segundo corpo un gran rosetón enmarcado por un arco apuntado, atravesado no centro por a punta do gablete. Flanqueado por arcos apuntados xeminados decorados con tracería gótica e rematados por gabletes. No terceiro corpo nos encontramos a famosa galería dos reis, con esculturas baixo doseletes de arcos apuntados rematados por gabletes. Rematan o conxunto unhas imponentes torres, con torrecillas no ángulos e decoradas con tracería.
As fachadas do transepto están tamén decoradas con esculturas. A do norte contén as esculturas dos Bispos de Reims, a representación do xuízo final e unha figura de Xesús (le Beau Dieu), mentres que no lado meridional ten un bonito rosetón cos profetas e os apóstolos.
interior
A fábrica destaca pola unidade do seu estilo, a pesar da prontitude da súa construcción, a penas durou dous séculos.
A altura da nave maior é de 38 m (Amiens e Beauvais son máis altas).
En planta posúe unha nave central e dúas laterais, ábsida con deambulatorio e cinco capelas radiais. Triforio e amplo claristorio conservando vidrieras que van desde o século XIII ata o século XX; Marc Chagall diseñou a vidrieira no ano 1974 da ábsida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario