16 ene 2012

Catedral de León




Fotos Wikipedia


NOME: Catedral de León
ARQUITECTO: Mestre Enrique, Juan Pérez
CRONOLOXÍA: 1255-1300
LOCALIZACIÓN: León
ESTILO: gótico castelán


exterior
A fachada occidental está claramente inspirada en Chartres, ten dúas torres cadradas rematadas por pináculos e separadas do corpo principal e unidas por arcobotantes. Destaca a triple portada con arcos apuntados e abocinados con un espléndido programa escultórico, triple portada oxival, un triforio e cerra o conxunto un xigantesco rosetón e un gablete flanqueado por dous pináculos.
Os muros laterias están cortados por contrafortes e arcobotantes con pináculos, que recollen o peso da bóveda da nave central e permiten abrir numerosos ventanais nos espacios intermedios.


planta e interior

A planta está inspirada en Reims, pero un pouco máis reducida. Unha planta basilical cruciforme de tres naves. Isto provoca que estemos a falar dunha "macrocefalia", cabeza demasiado grande, que fai que o templo perda en profundidade e perspectiva.
Consta de tres naves, a central máis alta que as laterais, cabeceira formada por un gran transepto de tres naves e ábsida con deambulatorio e cinco capelas radiais de forma trapezoidal.
As bóvedas son de crucería e posue finas columnas ata o chan.




Especial atractivo ofrece a Catedral de León no sistema de ventanais utilizado creando unha luminosidade única tamizada por as súas impresionantes vidrieiras. 230 ventanais apuntados que xunto aos rosetóns, suman máis de 1200m cadrados de vidrieiras policromadas.
O alzado leonés responde á utilización plenamente gótica de arcadas, triforio e claristorio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...