29 feb 2012

Retrato de Carlos V a cabalo



TÍTULO: Retrato de Carlos V a cabalo
AUTOR: Tiziano
CRONOLOXÍA: 1549
TÉCNICA: óleo sobre lenzo
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Museo Nacional del Prado, Madrid


A obra que representa ao emperador Carlos V a cabalo foi pintada por Tiziano no ano 1548 en Augsburgo. O autor emprendera unha longa serie de retratos dos principais protagonistas dos acontecementos históricos europeos de aqueles anos. Carlos V convocara unha Dieta na cidade suaba para reunirse cos príncipes que se adheriran á Reforma luterana, nunha época especialmente propicia para a causa católica, ao haber derrotado en Mühlberg, a orillas do Elba, ás forzas protestantes da Liga do ano anterior.
Neste gran retrato ecuestre, representa ao emperador nese momento histórico: so ante a paisaxe iluminada polos resplandores do crepúsculo, outea o horizonte cunha fera expresión, máis propia do miles christianus (soldado cristiano), pero tamén con claros signos de tensión e cansancio.
Estamos ante unha representación oficial pero que está caracterizada polo marcado estudio psicolóxico do artista, rompendo co tradicional retrato de estado que debía ser unha fiel descripción física da personaxe e valorar só o seu papel político e social.
O retrato ecuestre no campo de Mühlberg é unha celebración do poder do emperador, inaugurando o xénero do retrato ecuestre oficial que con Velázquez terá gran fortuna.

27 feb 2012

Amor sacro e amor profano


TÍTULO: Amor sacro e amor profano
AUTOR: Tiziano Vecellio
CRONOLOXÍA: 1515-1516
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
TÉCNICA: Óleo sobre lenzo
LOCALIZACIÓN: Galería Borghese, Roma


Tiziano representa unha escena con tres figuras: dúas mulleres e un neno aoredor dunha fonte de pedra con gran decoración, situados nunha paisaxe con iluminación provocada por unha posta de sol. As mulleres, de beleza renacentista, son de similares características.
A obra foi un encargo de Nicoló Aurelio, secretario do Consello dos Dez da República de Venecia, cuxo escudo de armas aparece na fonte do centro da imaxe.
Observamos a unha doncela ricamente vestida, probablemente de noiva, que está sentada xunto a Cupido e xunto á Deusa Venus. Os detalles que nos suxiren que é unha noiva son: pelo solto decorado cunha coroa de mirto, planta sagrada de Venus, velo transparente sobre os ombreiros, rosas na súa man dereita, e cinturón, símbolo da castidade. A muller vestida suxeita coas súas mans unha vasixa chea de ouro e xemas, que simbolizan a efímera felicidade da terra e a deusa, espida sostén unha lámpada coa chama ardendo de Deus, simboliza a felicidade eterna do Ceo. 
É unha escena alegórica influida polo neoplatonismo renacentista de Marsilio Ficino, según a cal a beleza terreal é un reflexo da beleza celestial.
Esta interpretación está encabezada por o historiador da arte, Panofski, que nos referencia a unha escena fundametada nos conceptos neoplatónicos renacentistas do amor humano (Venus Vulgaris) en contraposición do amor divino (Venus Coelestis).
Tiziano nesta obra utiliza os tonos nacarados, cunha cor vívida e luminosa a través dunha pincelada solta e unha delicadeza nas modulacións cromáticas que realzan a riqueza e sensualidade das personaxes.

23 feb 2012

Bóveda da Capela Sixtina




TÍTULO: Bóveda da Capela Sixtina
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti 
CRONOLOXÍA: 1508-1512
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
TÉCNICA: fresco
LOCALIZACIÓN: Capela Sixtina do Vaticano en Roma


Os frescos da Capela Sixtina representan escena do Antigo Testamento e a sete profetas, cinco sibilas, antepasados de Cristo, ignudi e nenos-cariátide.


elementos plásticos
A pintura de Miguel Anxo está caracterizada pola concepción escultórica, como se pode apreciar na rotundidade dos torsos. Para conseguir diferentes posturas nas figuras, realizou innumerables estudios e esbozos previos.
A extrema naturalidade dos corpos espidos e dos xestos revelan que Miguel Anxo posuía un profundo coñecemento da anatomía humana. Tras a súa restauración observamos unhas cores fortes e luminosas, verde, violeta, as dúas cores litúrxicas da misa predominan por encima do restos das cores. As figuras son dinámicas e as pinceladas libres e enérxicas.

composición
Miguel Anxo simulou dez arcos faixóns coa intención de dividir a bóveda de canón en nove tramos. Dúas falsas cornixas parten os tramos en tres rexistros. No rexistro central resultan unhos rectángulos que narran nove historias do Antigo Testamento: A separación de luz e tebras, A creación dos astros, A separación de terras e augas, A creación de Adán, A creación de Eva, O pecado orixinal e a expulsión do paraíso, O sacrificio de Noé, O diluvio universal e A embriaguez de Noé.


Nas esquinas dos recadros menores están sentados os ignudi, adolescentes espidos que sosteñen medallóns de bronce con escenas do Antigo Testamento.
Nos lunetos e nos tímpanos dos rexistros laterais atópanse os antepasados de Cristo.
Entre os tímpanos están as cinco sibilas e os sete profetas, que ocupan os dous recadros situados entre as pendentes da bóveda. Estas últimas glosan escenas do libro bíblico de Esther.


Sibila




Profeta Isaías


14 feb 2012

A escola de Atenas



TÍTULO: A escola de Atenas
AUTOR: Rafael
CRONOLOXÍA: 1510-1511
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
TÉCNICA: fresco
LOCALIZACIÓN: Sala da Signatura, Vaticano


tema
Platón e Aristóteles, os dous grandes filósofos gregos, dialogan mentres se achegan a un concorrido grupo de sabios da Antigüidade.

elementos plásticos
As pinceladas, a suavidade do debuxo e a harmonía de cores reflicten a paz interior que Rafael quería transmitir con esta obra. A sinxeleza da Escola de Atenas é froito dun debuxo preciso e dun detallado estudio das proporcións, as actitudes e a distribución das figuras.
As cores predominates son frías e contrastan cos da disputa, dedicada á teoloxía na mesma sala. As cores son máis serenas propios dos valores lóxicos e racionais presentes nesta obra.

composición
A escena desenvolvese nun marco arquitectónico inspirado en Bramante para a basílica de San Pedro e tamén en edificios clásicos romanos. Tamén son clásicas as estatuas de Apolo e Minerva a ambos lados da estancia.
A perspectiva ou as liñas desta conflúen nas personaxes de Platón e de Aristóteles, e a propia arquitectura marca a profundidade das figuras.
O resto dos personaxes parecen estar ubicados dunha maneira anárquica, pero si observamos con detenemento vemos que están distribuidos en grupos, encabezados con figuras principais e en constante relación.

contido
A escola de Atenas representa o espírito da cultura do Renacemento e triunfa a busca racional da verdade. Na escena encontramos un número importante de filósofos da Antigüidade, non existe ningún contemporáneo.
No centro, están os dous sabios Platón, con rasgos de Leonardo, e Aristóteles. Platón, como idealista que era, alza a súa man e sostén o Timeo, tratado sobre a orixe do cosmos; Aristóteles, máis apegado ao coñecemento, leva consigo a súa Ética e está sinalando coa man hacia a terra, a humanidade.
Na esquerda, Pitágoras, a aritmética e a música, está rodeado por unhas personaxes que o miran e atenden a súas explicacións. Ahí está, Averroes, con turbante. Encima del está, Epicuro que está lendo un libro sostido por un neno, acompañado polo vello Zenón.
Heráclito, co rostro de Miguel Anxo, está apoiado na escaleira e está pensando e quieto. Está de costas a Parménides, oposto a él.
Dióxenes o Cínico, que renegaba do terreal e do social, está tumbado na escaleira, de forma indiferente. Euclides, co rostro de Bramante, mide algo co compás.
Sócrates, á dereita de Platón, está expresando as súas ideas a Alexandre Magno, rei de Macedonia e discípulo de Aristóteles, vai armado.
Zoroastro o profeta ten unha esfera celeste mentres Ptolomeo, de costas ao espectador sostén un globo terraqueo, simbolizando de que a Terra é o centro do universo.
O xoven co barrete negro que nos está a mirar é o propio Rafael e ao seu lado está Sodoma, un discípulo.

Virxe do xílgaro



TÍTULO: a Virxe do xílgaro
AUTOR: Rafael
CRONOLOXÍA: 1505
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Galería de los Uffizi, Florencia

Pintada para o mercader Lorenzo Nasi nos tempos do seu casamento con Sandra Canigiani, esta célebre táboa foi dañada no 1547. O xove Rafael, en Florencia desde facía un ano, experimentou aquí, sobre un fondo de paisaxe de reminiscencias Leonardescas, paisaxe aberto, que na zona próxima aos pesonaxes posue tonalidades máis cálidas mentras que no fondo mostra colores máis cristalinos. O  primeiro grupo de figuras centradas nun primeiro plano: a Virxe sentada, cun libro na man e co seu fillo no regazo acariciando un xílgaro que San Xoan neno lle entrega. Nesta composición hai tamén sen dúbida reflexos do esquema piramidal con arreglo ao cal dispóñense as figuras e que derivan dos estudios de Leonardo a partir de comezos do século XVI. Sen embargo, aun partindo destes presupostos e afastándose dos dictámenes de Perugino, Rafael fai gala dun estudio que lle permite, dentro dunha estructura piramidal, variar as actitudes, os xestos, as miradas, creando desta forma as relacións afectivas que foron motivo do éxito do artista.






13 feb 2012

A Gioconda




TÍTULO: A Gioconda (ou Mona Lisa)
AUTOR: Leonardo da Vinci
CRONOLOXÍA: 1503-1505
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Museo do Louvre, París


elementos plásticos
O que máis chama a atención na Gioconda é a súa enigmática mirada e tamén o seu enigmático sorriso. Non posue pestañas e cellas e ten unha coloración verdosa no rostro froito dunha mala restauración, dándolle se cabe máis magnetismo.
Leonardo da Vinci para conseguir esa mirada e ese sorriso tan especiais, que reflexan por outra banda o estado de ánimo da retratada, pintou con paciencia e tranquilidade sobre un fino soporte de madeira de álamo, que preparou con varias capas de lucido. Leonardo primeiro debuxou de forma precisa a dama sobre o cadro  e despois pintouna ao óleo con cores moi diluídas o que lle permitiu darlle innumerables capas transparentes, proporcionándolle á Gioconda e ao seu rostro efectos de luz e sombra naturais, idealizados e máxicos.
O fondo está pintado cunha paisaxe que é imposible de enlazar detrás da figura feminina, contribuíndo a acentuar o sorriso da dama.
Leonardo difuminou os ollos e os labios, pero tamén utilizou o sfumato nos rizos do cabelo que lle caen polo ombreiro e se funden coas rocas e os pregamentos do chal e nas liñas do lonxano acueducto.
Co sfumato, Leonardo recrea os efectos de luz sobre a pel e a paisaxe, sombras amables, imitación da carne e unha semiescuridade máxica. A luz é irreal, e a paleta de cores que utiliza é máis sobria que a que utilizaban os seus contemporáneos.

composición
É sinxela: unha muller sentada nunha cadeira con brazos e cun fondo de paisaxe. A Gioconda xira o corpo lixeiramente hacia un lado e dirixe esa enigmática mirada hacia o espectador. O punto donde converxen todas as miradas é a cara da muller pero tamén as súas mans maxistralmente modeladas e entrelazadas.

contido
Ao igual que a súa enigmática mirada é a súa identidade. Existen todas as teorías, desde que a expresión e froito do ideal de beleza do autor ata que representa a un adolescente vestido de muller ou unha amante de Giuliano de Medici ou incluso do propio autor.
Seguindo a Vasari identifícaa coa dona do rico florentino Francesco do Giocondo, Madonna Lisa di Antonio María Gherardini.

A Virxe das rocas

TÍTULO: Virxe das Rocas
AUTOR: Leonardo da Vinci
CRONOLOXÍA: 1483-1486
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Museo do Louvre, París






























Algunha fontes consideran que a pintura foi executada en Florencia, pero debe identificarse coa pintura encargada a Leonardo polos membros da Compañía da Concepción, en San Francesco Grande de milán. A capela foi  fundada no século XIV por Beatrice d'Este, dona de Galeazzo I Visconti, e posteriormente destruída no 1576.
A escena desenvolvese nunha paisaxe rocosa, arquitectónicamente organizada, no que dominan flores e plantas acuáticas, todas elas corroboradas a nivel botánico; na lonxanía apréciase un curso de auga. O anxo mira hacia San Xoan neno cun lixeiro sorriso, este está axeonllado fronte ao neno Xesús que está en actitude de bendecir; a Virxe María os está a protexer. Nesta obra aplica o sfumato, técnica inventada por Leonardo coa cal mesturaba progresivamente as tonalidades sen unha transición perceptible na que os contornos quedaban indefinidos. A sona desta obra foi tal que existen numerosas copias de artistas italianos e estranxeiros.

Piedade Rondanini

TÍTULO: Piedade Rondanini
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1522/1553-1564
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Milán


















Miguel Anxo traballou nestra obra días antes da súa morte e aínda que está inacabada ata o punto de que as súas formas só se insinúan, a escultura afonda na verticalidade da composición e no alonxamento da linguaxe clasicista.
A Virxe está de pé, suxeitando a duras penas o corpo do seu fillo morto. As dúas figuras transmiten a unión total de Nai e Fillo e evocan o tema da Resurrección a través desa fusión entre ámbos corpos. Miguel Anxo preferiu nesta obra a expresión da idea máis que a forma. Miguel Anxo está moi cerca da escultura contemporánea.




Tumbas de Lourenzo e Giuliano de Medici


Lourenzo
                            

TÍTULO: Tumbas de Lourenzo e Giuliano de Medici
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1521-1534
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Sacristía nova de San Lourenzo de Florencia







        










Giuliano


Ámbos sepulcros ocupan paredes opostas da Sacristía Nova de San Lourenzo de Florencia e foron deseñados como sepulcros retablo, dispostos simétricamente, exhiben unha estructura pirámidal con dúas figuras alegóricas dispostas sobre cada sarcófago e a imaxe do defunto enriba.
Lourenzo e Giuliano posuen  rostros, que non son retratos pois a Miguel Anxo non lle interesaban os parecidos, idealizados semellantes a xenerais romanos. Lourenzo o Magnífico está sentado en pensativo silencio, acompañado polas alegorías que simbolizan as horas de transición (Aurora e Crepúsculo).
O seu irmán, Giuliano, o guerreiro, amósase atrevido, disposto á acción, flanqueado polas alegorías das horas positivas (noite e día).
As dúas alegorías masculinas teñen condición de inacabadas -non finito- e os corpos rotundos polas complexas posturas escapan dos ideais renacentistas e nos anticipan o manierismo.
Este conxunto escultórico cérrase coa Madonna dos Medici que está situada nunha terceira parede e que mantén unha singular relación con Lourenzo e Giuliano pois ámbos os dous miran hacia a Virxe, mantendo un singular contacto visual e espiritual.
                                        

8 feb 2012

Antoni Tàpies i Puig (Barcelona 13 decembro 1923-6 febreiro 2012)

Tàpies naceu en Barcelona no ano 1923 e morreu o pasado 6 de febreiro deste recén estreado 2012.
Nos deixa un gran pintor, escultor e un indiscutible teórico do arte español. Considerado como un dos máis destacados artistas do século XX, é asímesmo un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo.
O informalismo é un movemento pictórico que abarca tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Francia e no resto de Europa despois da IIª Guerra Mundial en paralelo co Expresionismo Abstracto estadounidense.
Antoni Tàpies era de formación autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX combinando tradición e innovación dentro dun estilo abstracto pero simbólico dando relevancia ao sustrato material da obra. Tiña especial interés pola materia, a terra, o po, os átomos e as partículas e gustaba de utilizar materiais alleos á expresión plástica academicista, nos referimos ás pinturas matéricas, incluíndo nelas todo o sentido espiritual da súa obra.
 

cruz e terra



O primeiro pintor español informalista foi Antoni Tàpies. Xunto cos pintores Tharrats (1918), Cuixart (1925) e Ponç (1927-1984) e os escritores e críticos Cirlot, Brossa e Puig formou parte do grupo barcelonés Dau al set, creado en 1948 e que se disolveu entre 1952 e 1955. A pintura deste grupo desenvolveuse basicamente dentro dos parámetros do surrealismo.
A partir de 1952, Tàpies elimina todo elemento figurativo e introdúcese no informalismo. Investigou sobre a materia pictórica como modo de expresión e converteuse no principal representante do informalismo matérico. Concibe a superficie non como fondo sobre o que representa, senón como espacio no que actua utilizando a técnica do grattage, raspando, furando...outorgando relevo as súas obras, mezclando po de mármore triturado con óleo. Utiliza tamén nas súas obras obxectos pouco corrientes como cordas, arroz, entullos...As cores que utiliza están próximas á terra -castaños, beixes, ocres-, tonalidade de grises e branco sucio.

7 feb 2012

David




TÍTULO: David
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1501-1504
MATERIAL: bronce
LOCALIZACIÓN: Academia de Florencia


Miguel Anxo recibiu o encargo de facer o heroe do Antigo Testamento a partir dun bloque de mármore de gran altura e moi estreito, unha peza que permanecera durante corenta anos no patio de obras da catedral.
A estatua colosal representa ao David como un atleta novo, espido e musculoso, con mirada intensa e penetrante, fixa na distancia, esperando divisar a Goliat; na súa man dereita sostén a pedra coa cal derrubará ao xigante e coa esquerda sostén a funda.
Co seu David, Miguel Anxo superou a escultura da antigüididade ao fusionar a harmonía e a beleza clásicas, coa expresión, o significado e o sentimento.
O corpo está sometido a unha gran tensión que aúna coa perfección clásica; a cabeza está sobredimensionada; a mirada é expectante e segura; o vigor concentrado na súa man robusta, cun tamaño tamén esaxerado que a fan máis poderosa; a disposición en zigzag do corpo.

Todo isto constitúe a súa famosa terribilitá, que o separan dos canóns clásicos e o acercan á expresividade. Incluso as extremidades, expresan toda a tensión dinámica dun corpo vigoroso. O leve xiro da cabeza permitiulle ao autor evitar a frontalidade e invitar ao espectador a rodear a figura.
O éxito do david foi tan grande que decidiron colocalo na plaza da Signoria en lugar da catedral, converténdose así nun símbolo político da cidade de Florencia.

Piedad do Vaticano

























TÍTULO: Piedad do Vaticano
AUTOR: Miguel Anxo Buonarroti
CRONOLOXÍA: 1498-1499
ESTILO:Renacemento (Cinquecento)
LOCALIZACIÓN: Basílica de San Pedro do Vaticano, Roma.


A piedad está composta por dúas figuras que conforman unha pirámide cerrada. A virxe está sentada e erguida e sostén o corpo morto de Xesucristo no seu colo. O corpo inerte de Xesucristo está encuadrado dentro do contorno debuxado polo corpo de María, conseguendo así a unión entre nai e fillo.
A mirada de María é baixa evitando dirixirse directamente hacia o espectador, cunha man sostén ao seu fillo e coa outra semella adoralo. O seu vestido en priegues actúa como base da pirámide.
O conxunto está tratado con unha contraposición entre a desnudez do corpo de Xesús e o vestido con ricos pregados da virxe María, tamén a pesadume da virxe apegada á terra e a levidade de Xesús que está tocando o chan co pé dereito.
Miguel Anxo tratou os rostros e os corpos con excelencia o que provocou opinións ao respecto como a de Vasari: Es un milagro que de una piedra, sin ninguna forma, exista tal perfección que la propia naturaleza a duras penas pueda formar en las carnes.
Miguel Anxo decidiu darlle á Virxe un aspecto xuvenil, máis axeitado á pureza da Nai de Deus. Con esta obra o autor sentiuse profundamente orgulloso do resultado e é a única obra firmada por él: Michael Angelus Bonarotus florentin faciebar, se lee na cinta que cruza o peito da Virxe.



"La Piedad, Vasari y Robert Hupka"

6 feb 2012

Cúpula de San Pedro do Vaticano

NOME: cúpula de San Pedro do Vaticano
ARQUITECTO: Miguel Anxo
CRONOLOXÍA: 1546
LOCALIZACIÓN: Roma
ESTILO: Cinquecento


















Miguel Anxo sempre dicía que a arquitectura non era o seu, a pesar disto o Papa encargoulle a culminación das obras de San Pedro. Miguel Anxo retomou o proxecto inicial de Bramante e se basou na planta de cruz grega, pero reforzando os elementos constructivos para levantar a maxestuosa cúpula de 131 m, rexeitando a idea bramantina de repetir a cúpula do Panteón, en favor da idea brunellesciana de Santa María.

A cúpula nervada do xenio italiano foi a evolución do modelo de doble cascarón florentino, circular e ovalada en lugar de apuntada con curvatura lixeiramente achatada todo coronado por unha linterna.
A cúpula ten grandes dimensións, con 42 m de diámetro, está elevada sobre pendentes e posue un grande tambor. Sostida por catro grandes piares ochavados que delimitan o espacio central e sirven de contrarresto ao macizo tambor, caracterizado por catro ábsidas, e á maneira bizantina con catro cúpulas adxacentes.



O exterior magnífico con ese orde xigante ideado por Miguel Anxo. O muro exterior reforzado por doble pilastra corintia tamén de orde xigante con balcóns e fiestras.










San Pietro in Montorio

NOME: San Pietro in Montorio
ARQUITECTO: Donato Bramante
CRONOLOXÍA: 1502
LOCALIZACIÓN: Roma
ESTILO: Renacemento (Cinquecento)


















exterior
O perístilo, columnata que rodea ao edificio, está composto por dezaseis columnas de orde toscana sobre unha base soportando un entaboamento clásico, composto por arquitrabe, friso e cornixa. O friso está dividido en triglifos e metopas con baixorrelevo de imaxes dos instrumentos do martirio de San Pedro.
Esta primeira concepción clásica da paso ao segundo andar á concepción renacentista. Unha balaustrada que rodea o edificio e lle confire lixeireza e transparencia fronte á robustez das columnas do andar inferior.
O andar superior semellante a un tambor con fiestras abertas, cegas e con nichos en forma de semicúpula coronadas con cunchas.
Coroa todo o conxunto unha cúpula nervada de media esfera, ditos nervios confluen nunha linterna que remata nunha cruz.
A cella que é de planta circular, posue pilastras pegadas á parede e ten pequenas dimensións.

Este pequeno templo foi financiado polos Reis Católicos para conmemorar o martirio de San Pedro símbolo da fundación da igrexa. O templo álzase sobre a roca onde supostamente según a tradición foi martirizado o santo.
A súa forma circular, obedece á crenza neoplatónica implantada por Marsilio Ficino, que afirmaba que a Deus lle correspondía a forma circular, a máis perfecta. Este templo converteuse así, en modelo de templo platónico ideal, facendo referencia á divinidade e o tránsito do mundo terreal ao celeste a través da súa cúpula.
Con estas premisas, dous anos despois, Rafael pintaría o seu cadro Os desposorios da virxe, que posúe un templo circular coas mesmas características que o pequeno templo Bramantino.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...